Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
PECHA KUCHA BOIRO

 

CONFIRMADOS OS PARTICIPANTES DA 5ª EDICIÓN DO PECHA KUCHA BOIRO

 

PECHA KUCHA VOLUME 5

ECONOMÍA CREATIVA E CAMBIO

XOVES 14 ABRIL

20:30 HORAS

SALÓN DE ACTOS DA ABE

 

Este Xoves ás 20:30, no salón de actos da ABE, terá lugar o Pecha Kucha, unha actividade que xa cumpre cinco edicións en Boiro e que persegue poñer en valor a ECONOMÍA CREATIVA, a relación entre cultura e creatividade no desenvolvemento económico do noso entorno.

Nesta edición falaremos de como a creatividade nos axuda a afrontar os cambios aos que a crise e a evolución empresarial nos obrigan.

Para elo contaremos coa presenza de magníficos participantes, que nos explicarán as suas experiencias empresariais a través do formato 20X20 característico do Pecha Kucha ,como son:

 

LA DOCE

http://www.ladoce.net/

Espazo artístico multidisciplinar, con variedade de talleres creativos, galería de arte, tenda de material de belas artes, enmarcado e coworking de proxectos creativos como Enlasnubes ou Kiko e Sabela tapiceros.

 

COOPERATIVA RÍA DE AROUSA

http://cooperativariadearosa.com/

A cooperativa de Abanqueiro é un proxecto de toda a parroquia, da sua colectividade, ao aunar non só o acervo común senon o saber acumulado (Know-How) ao largo da sua historia, posibilitando o desarrollo de proxectos de I+D+I ou a diversificación das súas fontes de ingresos, o que lle confire unha seña de identidade.

Actualmente a entidade traballa en diversos proxectos entre os cales destaca a comercialización de toda a produción a través da sua propia depuradora, empregando a eco etiqueta de pesca sostible do M.S.C.

Qué supón ter a certificación MSC?

Recoñece a profesionalidade da cooperativa, integrada por 400 socios e o seu respeto aos recursos mariños.

A ameixa e o berberecho extraído polos socios da entidade boirense poderá levar a ecoetiqueta azul de MSC, o que lle asegura ao consumidor que o produto provén de unha pesquería sostible.

Para logralo tivo que pasar por rigorosos exames e o certificado posiciona á entidade boirense como una pioneira nas Pesquerías artesanais españolas.

 

CHAS FOTOGRAFÍA

http://www.josechas.com/

José chas, fotógrafo pontevedrés especializado en fotografía de patrimonio industrial e intrahistoria das fábricas abandonadas en Galicia

Chas está centrado na fotografía de arquitectura e a paisaxe, ainda que os seus intereses e proxectos lévano polo camiño da ruina e o patrimonio industrial realizando un relatorio sobre os cambios industriais en galicia a través de fotografías de fábricas abandoadas.

 

LA POUPEÉ D`CHLOÉ

http://www.lapoupeedchloe.com/es/

Baixo as premisas de creatividade, deseño e calidade surxe o proxecto La Poupee d’Chloé Haute Couture.

Podemos afirmar entonces que é un proceso produtivo levado a cabo íntegramente en España, realizado coa máxima profesionalidade e preocupado por coidar ata o mais mínimo detalle co obxectivo de satisfacer plenamente as crecentes esixencias do actual público, estes son os pilares sobre os que se asenta a cultura corporativa da empresa.

“A moda nace das emocións e inspira sensacións”

 

ESPACIO ARROELO – COWORKING PONTEVEDRA

http://espacioarroelo.es/

Entrar en Espazo Arroelo, un espazo de coworking en pleno centro de Pontevedra, é estar sanamente tolo sen sabelo.

En pouco máis de dos anos veñen de crear unha comunidade de preto dunha trintena de profesionais que comparten confidencias, ideas, risas, moito traballo e coñecemento. Xurdiron proxectos e colaboracións con marcado carácter social e internacional (Colabora2015, Rumbo a ti mismo, Pontejam, Human Library, Arroeladas, Principiñas e Princesiños…)

Algúns destes coworkers son MATRIUSKA FILMS, LUMIRAVAZ, TIL DIACRÍTICO, ESPEJO MÁGICO PRODUCCIONES, INTERVENTO, ELEFANTE EN CACHARRERÍA,LES SIAMOISES….E ASÍ A TA PRETO DE 30 EMPRESAS.

 

THUNDERSLOVE

http://www.thunderslove.com/es/

A única ética posible é facer o que un quere facer. A honesta sabiduría de William S. Burroughs é a primeira pedra de Thunders Love, un proxecto que ven dende a costa atlántica cunha proposta con moito rollo.

O concepto é simple: facer calcetíns para patinar. Pero non só beben do skate, senón que a súa influencia parte da natureza, o surf, a música e a arte. Este proxecto surxiu como un altavoz da cultura urbana, o que implica que o resultado final sexa algo participativo e aberto, no que todo o mundo ten algo que dicir.

A firma reinvindica o valor das cousas ben feitas maximizando o valor do manual a través de pequenas colecciones de deseño moi coidado.

Unha filosofía de marca con alma, na que apostase polos xoves, os talentos da terra e a marabillosa anarquía, que, como dicía Burroughs, é a única maneira.

 

 

COMPARTE

_