Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.
PECHA KUCHA BOIRO

 A UNIÓN DE CULTURA E EMPRESA TRIUNFA NO PECHA KUCHA

 

Este xoves ás 20:30 da tarde, no salón de actos da Asociación de Empresarios de Boiro, comezaba a 5ª edición do Pecha Kucha Boiro, coa asistencia de numerosos invitados, que disfrutaron da exposición de varios proxectos empresariais que tiñan como nexo o traballo en común o cooperativismo, a cultura creativa e a innovación.

Empresas como Thunders Love, La Poupee d' Chloe, La Doce, Chas Fotografía, Espacio Arroelo e Cooperativa Ría de Arosa… contaron aos asistentes as súas experiencias e a súa forma de traballar a través do Formato 20x20 (20 imaxes X 20 segundos) característico dos Pecha Kucha.

Falouse de conceptos innovadores como o coworking, do consumo responsable, da vontade de fabricar íntegramente en Galicia… En definitiva, de cómo a crisis dos últimos anos serviulles para buscar o aspecto distintivo dos seus produtos ou a súa forma de traballar.

Tralas exposicións dos participantes e a clausura por parte do Sr. Alcalde de Boiro, Juan José Dieste, chegou o momento máis distendido da velada: o beer break, onde poñentes e público poideron compartir experiencias.

 

COMPARTE

_