Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.
convenio miraben

 ABE E MIRABEN OP AVOGADOS ASINAN UN IMPORTANTE CONVENIO DE COLABORACIÓN

 

Hoxe, 13 de maio, o presidente da ABE, Óscar España e o Xerente de Miraben, Fernando Casas asinaron un importante convenio de colaboración que ofrece aos socios e familiares, un servizo especializado de información en relación coa presenza ou non de cláusulas chan nas súa hipotecas e a posibilidade de anulalas recuperando as cantidades pagadas en exceso, ofrecendo ademais unhas condicións especiais para o proceso.

 O despacho, así como o procurador, non cobrarán provisión de fondos polo exercicio da acción, xerando seus honorarios ao final do proceso unha vez que o cliente obteña unha situación satisfactoria, acordando a devolución de cantidades cobradas por encima do interese legal.

 O despacho e procurador cobrarían unicamente as costas xudiciais, para o caso de que a sentencia contemple a condea en costas e no caso contrario, un 15 % da cantidade efectivamente recuperada.

 A diferenza está na non necesidade de aprovisionar cuantía algunha para procurador e avogado, o que facilitarlle ao Asociado a reclamación xudicial sen necesidade de adiantar cantidades e ademais consegue un considerable desconto respecto dos prezos de mercado para este tipo de reclamacións ao fixarse os honorarios dos profesionais nun 15 % da cantidade recuperada.

 

 

 

COMPARTE

_