Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.
noite aberta

XA ESTÁ AQUÍ UNHA NOVA EDICIÓN DA NOITE ABERTA DE BOIRO

 

Xa está aquí unha nova edición dun dos eventos comercias mais agardados por clientes e veciños de Boiro, trátase da NOITE ABERTA, un evento singular que xunta comercio, cultura e entretemento nunha xornada festiva.

Nesta edición da N.A. participarán mais de 30 comercios que abrirán ata as 24 horas da noite e TODOS realizarán descontos durante todo o día de entre o 20 % e o 50 %.

A xornada do sábado comezará coa decoración das rúas comercias por parte do colectivo Creaturas que dotarán de cor as zonas comerciais da localidade.

Da animación musical polas rúas encargaranse o grupo de baile Xilbarbeira e a charanga Vai de Baile que animarán a Noite Aberta de 19:00 a 23:00 horas.

Ao remate da xornada o fin de festa será na Pousada das Ánimas co concerto de Triangulo de Amor Bizarro que porá punto e seguido a N.A. de Boiro.

Para estar informado de todos os descontos e actividades podes consultar o programa completo no seguinte enlace

 Folleto de ofertas

 

 

COMPARTE

_