Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.
boiroferta 2016

BOIROFERTA MANTÉN O INTERESE DOS VISITANTES

 

 

Un ano mais, e xa van once consecutivos, a ABE organizou unhas das feiras de oportunidades con máis tradición da comarca do Barbanza.

Os comerciantes asistentes ofreceron os seus produtos nunha carpa de 500 metros cadrados instalada na praza de A Boqueira de Anegral, que permaneceu aberta durante toda a primeira fin de semana do mes de agosto.

Foron centos os visitantes e clientes que por ela pasaron e na que puideron adquirir calzado, roupa, complentos, accesorios deportivos así como artigos para a casa e decoración.

En paralelo desenvolvéronse actividades infantís para que os cativ@s estiveran entretidos mentres os maiores realizaban as súas compras con comodidade.

 

COMPARTE

_