Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

 

ESTE VENRES E SÁBADO BLACK WEEKEND BOIRO

Será a primeira edición de este evento, no que participan máis de 35 comercios.

Esta fin de semana organizamos unha nova actividade de promoción comercial, co motivo do black friday imos darlle unha volta de torca ó clasico evento de descontos e celebraremos o BLACK WEEKEND BOIRO.

Participarán máis de 35 comercios que porán a disposición dos clientes unha gran variedade de descontos especiais durante as xornadas do venres e sábado.(Horario habitual)

O concello de Boiro volverá a iluminar as rúas cas luces de Nadal e o sábado pola tarde teremos actuacións dos grupos de música e baile tradicional.

En canto aos comercios participantes existe unha enorme variedade; dende tendas de moda home e muller, zapaterías, moda e calzado infantil, electrodomésticos, decoración, agasallos, complementos, droguería e perfumería, deportes e incluso unha panadería e unha galería de arte.

A organización deste evento supón un paso adiante do comercio de Boiro na súa aposta pola modernización do tipo de promocións a realizar e tamén unha oportunidade dos clientes do pequeno comercio de realizar as súas compras con grandes descontos esta próxima fin de semana.

 Sorteo en facebook

Como complemento a ABE realizará un sorteo de un vale de compra de 60 € a través da nosa páxina de FACEBOOK.

Ante o éxito do concurso que celebramos con motivo da Noite Aberta que tivo moitísima repercusión, nesta ocasión utilizaremos o método de sorteo vía aplicación de facebook entre todos os siareiros que nos dean un like ao post que publicaremos este xoves.

Os que queiran participar terán de xoves a sábado para darlle a gústame na foto do concurso e entre todos eles realizarase o sorteo do premio de 60 €.

Para que ninguén se perda os descontos e as tendas participantes a ABE editou un folleto con todos eles que se pode descargar na nosa web www.abe.gal e ademais co hashtag #boiroblack todo o mundo poderá comentar e seguir o evento nas redes sociais.

DESCARGA FOLLETO COMPLETO DE DESCONTOS