Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
nadal abe

 

Rematado o ano é hora de facer balance do mesmo e para elo, a ABE,  ven de editar  a memoria anual da asociación onde se recolle un resumo das actividades realizadas e un cadro con datos de interese relativos á parte mais administrativa e de prestación de servizos.

 Datos de interese

Neste apartado pódese consultar diferentes datos relativos ás xestións realizadas pola ABE  durante o pasado ano 2016, podemos destacar o apartado de subvencións tramitadas que acada un incrible ratio de subvencións solicitadas (19) sobre as subvencións aprobadas (18) unha porcentaxe de case o 100% e que se traduciu na cantidade de 76.958 € de subvencións recibidas polos socios da ABE e tramitadas na nosa oficina.

No apartado formativo desenvolvéronse 9 accións formativas nas que participaron 435 alumnos, destacando entre elas o plan de formación impartido pola escola de negocios de ABANCA. 

Destacamos tamén o número de carnés profesionais tramitados (18) ou en referencia ao sector hostaleiro as 7 listas de prezos elaboradas e as 16 tramitacións de ampliación de horarios.

No apartado de comunicación cos socios destacan as 148 circulares informativas, 56 resumos de subvencións e os 12 boletíns dixitais mensuais remitidos o que supón unha importante fonte de información para os socios que sempre están ao día das axudas, proxectos e actualizacións normativas e legais. 

Para finalizar poñer en valor a labor de comunicación ante os medios que realiza a ABE con 18 notas de prensa enviadas e 27 entrevistas nos medios de comunicación e roldas de prensa realizadas.

 Actividades realizadas

Pese as que a situación económica xeral non é a mellor posible a ABE ten como política ampliar cada ano o número e calidade das actividades realizadas así como manter as que teñen mais calado entre os socios e clientes. 

Neste sentido celebramos a XI edición de Boiroferta e continuamos coa celebración das Noites Abertas, Campañas comerciais e como non, un dos nosos eventos estrela, o Pecha Kucha Boiro que segue a ter o mesmo impacto que a primeira edición e congrega ano tras ano a mais de 100 persoas no salón de actos da ABE.

En canto as novidades, puxemos en marcha a primeira edición de Black Weekend Boiro e estreitamos a colaboración co sector cultural Boirense desenvolvendo varias actividades para a potenciación e posta en valor deste colectivo xunto co departamento de cultura do concello e o novo colectivo República Creativa. 

Pero falando de novidades a que mais impacto causou foi a aposta que fixemos polo Boiro Cool Market, un mercado de moda e tendencias que organizamos en colaboración co concello de Boiro e que supuxo un enorme éxito ao confluír nun mesmo espazo, dentro da praza de abastos, de comercio, gastronomía, arte, musica en directo, moda, tendencias, actividades para @s cativ@s e todo nun entorno decorado ao detalle para que a experiencia do visitante fora a mellor posible. 

Valoración final

Facendo unha análise global e sendo o mais obxectivos que nos permite a nosa posición entendemos que a labor realizada foi moi positiva tendo en conta as enormes restricións orzamentarias as que estamos sometidos. 

A imposibilidade de aumentar orzamento limítanos moito á hora de programar actividades pero tamén nos fai agudizar o inxenio para poder completar un programa de actos cada vez mais completo. 

Esta limitación orzamentaria tentamos compensala con moito traballo, imaxinación e sobre todo acadando colaboracións externas con colectivos e entidades con obxectivos afíns.

Neste sentido agradecer ao concello de Boiro a colaboración prestada neste ano, aos traballadores do departamento de cultura sen os cales moitos destes actos non serían posibles, protección civil de Boiro que sempre están cando se lles necesita e en especial aos nosos socios que son a razón fundamental de que o traballo realizado se concrete e se leve a bo fin.

 

 Memoria ABE 2016