Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
PECHA KUCHA BOIRO

 

A A.B.E. e o CONCELLO DE BOIRO, coa colaboración da Asociación Galega de Xestores culturais celebramos o pasado xoves 27 de abril a sexta edición do Pecha Kucha Boiro que nesta ocasión centrouse no sector das empresas de xestión cultural.

Na ABE xa hai anos que somos conscientes do enorme potencial do sector creativo e vimos realizando numerosas colaboracións co departamento de cultura do concello de Boiro para impulsar a este importante sector produtivo, que en Boiro ten especial relevancia.

Xa en 2010, a Comisión Europea publicou o documento El Libro Verde: Liberar el potencial de las Industrias Culturales y Creativas, onde se deu unha chamada de atención aos estados membros proclamando a crecente importancia das ICC para xerar crecemento i emprego directo, ademais de exercer un efecto multiplicador sobre moitas outras.

 

Así mesmo sostén que as ICC gozan dun enorme potencial para responder aos retos da Unión Europea, definidos pola Estratexia Europa 2020. Igualmente sinala que “existe un gran potencial sin explotar en las ICC para crear crecimiento y empleo” e que “una buena parte de nuestra futura prosperidad dependerá de la manera en que utilicemos nuestros recursos, conocimientos y talento creativo para estimular la innovación a partir de nuestras ricas culturas”.

Sen dúbida un plantexamento no que coincidimos e que nos anima a seguir con esta liña de traballo.

En canto aos números a economía creativa contribúe cun 6,1 % ao PIB mundial e entre o 2 % y 7 % ao PIB das economías nacionais. Así pois, na economía global xenera un PIB de 4.300 billóns de dólares e as exportacións de produtos e servizos creativos e culturais alcanzan os 646 billóns de dólares.

Pecha Kucha é unha actividade que xa cumpre seis edicións en Boiro e que persegue poñer en valor  a  ECONOMÍA CREATIVA, a relación entre cultura e creatividade no desenvolvemento económico do noso entorno.

Nesta sexta edición continuamos co formato predefinido de 20 imaxes x 20 segundos en total 6 minutos e corenta segundos para que cada un dos seis poñentes nos conten a súa traxectoria, idea de empresa, proxectos que desenvolven e retos de futuro.

EMPRESAS INVITADAS PECHA KUCHA BOIRO VOL. 6

LA DECIMA PLANTA

Son os organizadores do ICC WEEK e do ICC FEST, dous dos eventos empresario culturais mais importantes do país.

http://la10planta.com/que-hacemos/

XENEME

Proxecto de Diego Parajó que xa nos acompañou en diversas actividades realizadas pola ABE. Realiza traballos de dinamización empresario cultural por todo o país e cabe destacar os proxectos realizados en mercados.

http://www.xeneme.org/

CABLE INGLÉS

Son as organizadoras dos premios MARTIN CODAX DA MÚSICA E DOS XOVES DE CODAX. Tamén desenvolveron proxectos para o CULTURGAL e o festival REVENIDAS.

http://www.ocableingles.com/spa/

 BENCURIOSA

Programadores habituais na CDC e creadores do evento NEXOS da cidade da cultura e do master de xestión cultural da universidade de Santiago de Compostela.

http://bencuriosa.gal/es/

KIN MARTÍNEZ (ESMERARTE)

Os organizadores dun dos mellores festivais de Galicia PORTAMERICA.

Levan a representación de músicos como VETUSTA MORLA, XOEL LÓPEZ, NIÑOS MUTANTES, HAVALINA, FURIUS MONKEY HOUSE.

Organizadores de concertos tan importantes coma o de RICKY MARTIN ou eventos como o CICLO LATITUDES.

http://www.esmerarte.com/agencia-creativa/

VICTOR BELLO

Propietario histórico da CASA DAS CRECHAS DE SANTIAGO, e organizador do WOMEX, Unha das maiores feiras musicais de categoría internacional e fama mundial que se celebra en Santiago de Compostela.

http://www.nordesia.com/portada.php

http://www.womex.com/

 

 

 

 

 

 

 

 

Tralas intervencións dos seis poñentes e o peche institucional por parte do alcalde de Boiro