Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
programa noite aberta boiro

A festa do comercio de Boiro terá lugar este sábado durante todo o día

Xa está aquí unha nova edición dun dos eventos comercias mais agardados por clientes e veciños de Boiro, trátase da NOITE ABERTA, un evento singular que xunta comercio, cultura e entretemento nunha xornada festiva.

Nesta edición da N.A. participarán 34 comercios asociados a ABE que abrirán ata as 24 horas da noite e TODOS realizarán descontos durante todo o día de entre o 20 % e o 70 %. (Consultar folleto para mais info)

A xornada do sábado comezará xa pola mañá con sesión de contacontos na Biblioteca Municipal dentro do ciclo Sábados de Conto.

Tamén pola mañá terá lugar Mercando na Horta, un mercado de produtos frescos na praza do centro social.

Os visitantes poderán acercarse ao centro social para ver a exposición da obra de Carlos Casares ou a Casa da cultura para ver a expo da asociación ollaparo O mar o barco e nos.(esta última so en horario de mañá)

Da animación musical polas rúas encargaranse o grupo de música e baile Aroña  que animará as rúas de Boiro de 21:00 a 23:00 horas.

Ao remate da xornada o fin de festa será na Pousada das Ánimas co concerto de MOJO EXPERIENCE que porá punto e seguido a N.A. de Boiro.

En canto as actividades dos comercios, que é unha das selas de identidade deste evento caben destacar que todos os participantes ademais do desconto, esméranse en darlle aos seus cliente nesta xornada algo especial e como exemplo os seguintes:

Actividades nos comercios

  • Animación musical con Djs.
  • Photocall con premios.
  • Degustación de castañas, cocteles, doces, embutidos, pasteis e pinchos variados.
  • Festa da primaveira.
  • Demostración de novidades en videoxogos, nintendo switch.
  • Regalos directos por compras
  • Photocall con personaxes animados
  • Sorteos variados (Xoguetes, bolsos, pizzas, vales de compra…)
  • Palomitas quentes.
  • Candy bar
  • Concerto de Blue Meets Green.
  • Agasallo de mini hamburguesa por consumición.
  • Globoflexia
  • Obradoiros

Para non perderse nada a ABE editou un folleto que pódese consultar e descargar Aquí e no facebook de Boiro Aberto onde figuran todos os descontos e actividades dos establecementos participantes.

 Este sábado, hai NOITE ABERTA en Boiro¡¡