Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
PREMIOS ABE

 

A Asociación Boirense de Empresarios é unha organización empresarial sen ánimo de lucro que representa a preto de 200 empresarios do ámbito de Boiro.

 Dende 1988 ven apoiando e representando aos empresarios Boirenses mediante a

organización de actos propios así como na colaboración coa Administración Pública e outras entidades privadas.

 A ABE no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da peme organiza este ano a I Edición dos Premios ABE á excelencia empresarial.

 O seu obxectivo é premiar o labor daquelas empresas asociadas que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra.

 Este Premio supoñerá para os gañadores a proxección, a través de medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial. Ao mesmo tempo que un recoñecemento outorgado polos seus compañeiros empresarios xa que son os propios socios da ABE os encargados de votar aos premiados.

 Lugar e Data de entrega de premios

 O evento celebrarase no salón de actos da sede da ABE o xoves 30 de novembro ás 21:00 horas.

 Premios

 Esta I Edición dos Premios ABE á excelencia empresarial comprende dúas categorías:

 

  1. Mellor comercio do ano 2017.
  2. Mellor empresa do ano 2017.