Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
Noite Aberta

 

 

Na ABE gústanos innovar e darlle ás voltas a todo, incluso aos eventos mais consolidados como pode ser a Noite Aberta.

Nesta ocasión o facemos cun progama doble especial para os clientes e visitantes que veñan a Boiro este venres e sábado xa que xuntamos o Black Friday e a noite Aberta de Boiro nun finde especial de compras e ocio.

Arrancamos o venres co Black Friday no que, grazas ao Concello de Boiro, estrearemos a iluminación do Nadal para dar un ambiente festivo ás nosas rúas. Ademais durante todo o día os comercios participantes terán incribles descontos para os clientes.

Continuamos o sábado cunha nova edición da Noite Aberta de Boiro un evento singular que xunta comercio, cultura e entretemento nunha xornada festiva.

Os descontos dos comercios tamén serán durante toda a xornada e complementaranse coas actividades especiais tanto dentro coma fora dos establecementos.

Para que non vos perdades nada a ABE editou un folleto con todos os comercios, descontos e actividades que podedes consultar neste enlace

Nesta edición especial participan 34 comercios con descontos que poden acadar ata o 60 % !!!!

NOVIDADE, COMPOÑENTE SOLIDARIO

Ademais a ABE xunto cos comercios vai a poñer o seu graniño de area a prol da campaña contra a eliminación da violencia cara a muller, cuio día internacional é xustamente o sábado 25.

Para elo a ABE uniuse de xeito oficial á campaña que puxo en marcha a Secretaría Xeral das Nacións Unidas a través do seu departamento UNiTE to End Violence Against Women e na que imos a axudar a pintar o mundo de laranxa para poñer fin á violencia contra mulleres e nenas.

Deste xeito a ABE deseñou uns carteis en tons laranxas, cos logotipos e hashtags da ONU a nivel mundial para, por unha banda visibilizar este problema e por outra para que os clientes dos comercios poidan realizar fotos destes carteis, subilos ás súas redes sociais cos hashtag #16days e #orangetheworld e axudarnos a pintarnos o mundo de laranxa.

Ademais a ABE esta durante todo este mes utilizando os logotipos oficiais da ONU en tódalas campañas de promoción que desenvolvemos.