Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
premios abe

 

Preto de 80 socios da ABE acudiron ao acto de entrega dos I premios ABE no que ademais de entregarse os dous galardóns realizouse un recoñecemento aos 5 socios protectores.

O acto comezou coa benvida do presidente indicando que “Asociación Boirense de Empresarios é unha organización empresarial sen ánimo de lucro que representa a preto de 200 empresarios do ámbito de Boiro que dende 1988 ven apoiando aos empresarios Boirenses mediante a prestación de servizos e organización de actos propios así como na colaboración coa Administración Pública e outras entidades privadas“ para a continuación dar paso ao vídeo co resumo das actividades realizadas en 2017.

A continuación chegou o momento do recoñecemento aos socios protectores do que o presidente indicou “Dende a xunta directiva queremos hoxe amosar o noso agradecemento a estas 5 empresas entregándolles un pequeno detalle como recordo da súa colaboración neste ano 2017”

E así chegamos ao punto álxido da velada coa entrega dos premios ABE, en primeiro lugar o mellor comercio que recaeu en Farmacia Cimadevila Un gran equipo de profesionais, unha atención ao público coidada e unha aposta decidida pola modernización son as señas de identidade deste negocio. Se a elo lle unimos o seu traballo a prol de causas tan nobres coma a loita contra o cancro coa organización dunha andaina solidaria que superou tódalas expectativas, entendemos porqué os socios da ABE nomearon a Farmacia Cimadevila coma o mellor comercio do ano”

“Dicía a artista Guadi Galego facendo referencia Á Pousada que “A vida é para ilusionarse dela” e iso é o que nos pasa aos que durante mais de 20 anos levamos asistindo aos eventos da Pousada.

 

Tras moito anos de esforzo, ilusión, traballo e adicación é agora cando a sala de concertos está acadando o recoñecemento que merecía xa que hai uns meses recibiu o galardón á mellor sala de concertos de Galicia nos premios Martín codax da música.

 

Un traballo que non pasou desapercibido para os socios da ABE que acordaron que o premio a mellor empresa do ano recaera nela”