Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
fora stocks

 

A ABE pon en marcha está semana unha campaña de promoción comercial para os seus asociados, nesta ocasión trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo liquidar os stocks dos comercios nas propias tendas.

A campaña que se desenvolve baixo o nome de Fora Stocks Boiro (Edición Inverno) terá lugar o xoves 22, venres 23 e sábado 24 de febreiro e participarán 25 establecementos asociados.

Este comercios, e durante estas datas, terán sinalizados os produtos que se porán a venta a prezos de liquidación cos carteis elaborados especificamente para esta campaña para que o cliente identifique claramente os produtos.

Ademais, os comercios participantes entregarán rifas para o sorteo de 100 € durante os días que dura a campaña.

Con cada compra recibirán un boleto para o sorteo que realizarase o luns 26 na sede da ABE e que se publicará na web www.abe.gal, nas redes sociais e nas tendas participantes.

Con esta campaña porase o punto e final ás rebaixas de inverno e os clientes poderán adquirir produtos a prezos súper rebaixados no remate final da campaña ademais de poder ver xa nas tendas o adianto da campaña de primavera.