Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
medio ambiente

 

Estimado cliente:

En Boiro Aberto, dende o inicio da nosa actividade hai mais de 12 anos, estamos comprometidos coa preservación do noso medio ambiente e recursos tanto por convicción como por responsabilidade, tendo en conta o entorno natural no que nos atopamos e do que viven/vivimos moitas familias de Boiro.

É por estes motivos polo que vimos desenvolvendo campañas (como as de fomento do uso de bolsas reutilizables) e colaboracións con colectivos (como as realizadas con Boiro Verde e o foro ecolóxico de Boiro) que buscan este mesmo fin.

Neste intre, e trala publicación e entrada en vigor do Real Decreto 293/2018, de 18 de maio, sobre redución do consumo de bolsas de plástico e polo que se crea o Rexistro de Produtores, a partir do 1 de xullo de 2018 estamos obrigados a cobrar as bolsas de plástico que entregamos aos clientes.

Para que esta circunstancia teña a menor incidencia posible para os nosos compradores, os comercios asociados que segan entregando bolsas de plástico trala entrada da normativa, terán colocado en lugar visible do seu establecemento unha folla coa información da entrada en vigor da nova lei e os prezos das bolsas a partir desa data.

Recordamos, que tal e como establece a nova lei, as bolsas denominadas “moi lixeiras”  que son as que se subministran como envase primario para alimentos a granel, como froita, legumes, carne, peixe etc seguirán sendo gratuítas.

En Boiro Aberto seguiremos apostando pola calidade de servizo e atención aos nosos clientes polo que nos vindeiros meses realizaremos novamente campañas de entrega de bolsas reutilizables de xeito gratuíto como xa fixeramos en anteriores ocasións, fomentando así a reutilización e axudando a que a compra nos nosos establecementos sexa o mais cómoda e pracenteira  posible.

Se queredes ampliar a información sobre a nova lexislación tedes un resumo moi completo e o documento informativo que estará nos comercios asociados nos seguintes enlaces.

Resumo lei bolsas plástico

Modelo de cartel para comercios asociados

Moitas grazas e boas compras.