Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
boiroferta

 

A ABE  xa ten todo preparado para a celebración dunha nova  edición de Boiroferta, que será a XIII,  un dos eventos con mais tradición do concello que pretende axudar aos comerciantes locais a liberar stocks a prezos que poden chegar ata ao 70% de desconto.

A feira celebrarase nunha carpa de 400 metros cadrados situada na praza da Boqueira de A Negral, xunto a piscina da cachada e que acollerá unha superficie de venta de 150 metros cadrados aos que se lle sumarán 50 adicados ás actividades para os cativ@s da casa.

Esta edición acolle aos sectores de textil, calzado, complementos, roupa e calzado infantil e deportes. Como novidade súmase esta ano a Bodega de Antonio Saborido cos seus viños das terras do Barbanza Xirpín, Miudo, Orballo, O raposo de Xirpín….

Ademais da actividade de venda temos un completo programa de obradoiros infantís gratuítos e sorteos para os clientes.

Horarios feira:

Venres 3, sábado 4 e domingo 5 de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 22:00 horas.

Horarios obradoiros:

De 12:30 a 14:00 horas

Venres 3: Obradoiro de maquillaxe.

Sábado 4: Obradoiro de globoflexia.

Domingo 5: Obradoiro de elaboración de chapas e marcapáxinas. 

Sorteo presencial de 100 € 

Domingo ás 20:30 horas