Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.
CONVENIO

 

A Asociación Boirense de Empresarios e Galicia Business School asinaron hoxe, 9 de outubro, na sede de ABE un convenio de colaboración. Ao acto, asistiron o presidente da ABE, Óscar España, e o director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga.

 Este acordo ten como principal obxectivo acercar a formación da escola de negocios a tódolos asociados da ABE, de forma que estes poidan acceder en condicións especiais. Así, gracias a esta colaboración, os empresarios da ABE poderán cursar programas enfocados ao desarrollo profesional, en moi diferentes ámbitos, tales como a administración de empresas, o marketing ou a xestión loxística.

 A Asociación Boirense de Empresarios amosa así seu compromiso coa formación e o desarrollo formativo de tódolos profesionais que integran a asociación, ofrecéndolles unha oportunidade formativa única.

Ademais do desconto en tódalas accións formativas, os socios da ABE poderán asistir a 2 masterclass gratuítas que se celebrarán nas aulas da asociación e tamén optarán a 6 becas do 50% sobre o importe do master.

 Sobre Galicia Business School

Galicia Business School é un centro deentrenamento directivo. A sua misión é ser unha escola de profesionais para profesionais e da empresa para a empresa. Por iso seus programas son prácticos e experienciais e tódolos profesores son profesionais de empresa en activo que trasladan ás aulas a sua experiencia. Contan cun claustro de máis de cen profesores de prestixio nacional e internacional. Por todo elo, moitas empresas líderes en Galicia xa confían a formación dos seus profesionais e directivos a Galicia Business School

 Sobre Asociación Boirense de Empresarios

A asociación é unha entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1988, que tén como finalidade principal a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus afiliados. Está integrada na Asociación de Autónomos APE Galicia, na Rede de CCAS de Galicia e na REDIC da Xunta de Galicia. Está presente en la mesa local do comercio de Boiro, no Observatorio Económico da Cámara de Comercio, e noss Consellos Escolares doIES Espiñeira e do Consello Escolar de Boiro. Ademáis é membro da rede EUSUMO de cooperativas da Xunta de Galicia. Así mesmo o centro comercial Aberto de Boiro é dende 2015 mención especial nos premios nacionais de comercio, que son o máximo galardón en materia comercial que otorga o goberno de España.