Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.
peche do comercio

 

 

Hoxe, xoves 8 de novembro, estase a producir un feito histórico na nosa zona de influencia xa que as asociacións de empresarios de Boiro, A Pobra, Noia, Padrón, Rianxo e Riveira (que representan a preto de 1.000 empresas) imos a poñer en marcha unha campaña conxunta para concienciar da importancia do pequeno comercio na economía local.

Campaña á que de xeito espontáneo sumáronse a ultima hora asociacións de toda Galicia (Vilagarcía, Caladas e Cuntis) e comerciantes de xeito individual tamén de toda a comunidade.

Será a primeira campaña deste tipo que aglutina a tantos negocios e prevese un seguimento maioritario por parte do sector.

A campaña ten lugar simultaneamente en tódalas localidades mencionadas durante toda a xornada do xoves 8 e o obxectivo é poñer de manifesto a importancia do comercio local escenificando como se vería o pobo sen comercios, bares, restaurantes e resto de negocios situados nas rúas.

Os negocios amañeceron cos escaparates tapados simulando estar pechados e luciron carteis cos seguintes lemas:

  • Isto é un pobo sen comercio.
  • Xuntos conseguimos que o pobo teña vida.
  • Grazas a ti o pequeno comercio é mais grande.
  • Contigo o comercio local é posible.
  • Somos moito + que comercio.

 Así mesmo, ás 19:00 horas os establecementos participantes pecharán e apagarán as luces dos escaparates para (in)visibilizar un pobo sen comercio.

As patronais remitimos unha carta a cada un dos concellos onde pedimos que se sumen a esta iniciativa apagando parte do alumeado público das zonas mais comerciais.

Como indicamos o obxectivo da campaña é poñer en valor o traballo dos comerciantes das nosas localidades, amosar a unión do pequeno comercio, visibilizar e reflexionar sobre como sería unha localidade se faltaran os pequenos negocios.

Galería fotográfica

Un pobo sen comercio I

Un pobo sen comercio II

Un pobo sen comercio III