Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
noite aberta

 

 

Na ABE gústanos innovar e darlle ás voltas a todo, incluso aos eventos mais consolidados como pode ser a Noite Aberta.

Nesta ocasión o facemos cun programa dobre especial para os clientes e visitantes que veñan a Boiro este venres e sábado xa que xuntamos o Black Friday e a noite Aberta de Boiro nun finde de compras e ocio.

Arrancamos o venres co Black Friday no que, grazas ao Concello de Boiro, estrearemos a iluminación do Nadal para dar un ambiente festivo ás nosas rúas. Ademais durante todo o día os comercios participantes terán incribles descontos para os clientes.

Nesta xornada o horario comercial será o habitual.

Sábado Noite Aberta

Continuamos o sábado cunha nova edición da Noite Aberta de Boiro un evento singular que xunta comercio, cultura e entretemento nunha xornada festiva.

Os descontos dos comercios tamén serán durante toda a xornada e complementaranse coas actividades especiais tanto dentro coma fora dos establecementos.

Gracias á colaboración do Concello de Boiro, contaremos cun gran espectáculo de animación de rúa para toda a familia, HAKUNA MATATA da compañía Troula animación.

O espectáculo conta co seguinte material:

3 caminadores xigantes: Xirafa ( 3,30m altura x 2,5 m largo),Rinoceronte (1,9m altura x 2,5 m largo ), Elefante ( 1,9 m altura x 2,5 m largo ), equipo de son móbil de 1000W, bicicleta, xerador de 2000W, microfonía inalámbrica, vestiario e caracterización, material necesario para levar a cabo o espectáculo.

3 manipuladores de marionetas inchables xigantes | 1 zancudo “Igor, O Domador” | 1 ciclista: “Nika, A Axudante do Domador”

A compañía fará dous pases divididos polas zonas mais comerciais do pobo:

Pase 1: dende as 20:00 hs. Rúa Principal + Avenida constitución (dende rotonda cimadevila a praza mancomunidade)

Pase 2: Rúas peoniles + rúas transversais a elas.

Para que non vos perdades nada a ABE editou un folleto con todos os comercios, descontos e actividades que podedes consultar aquí

Nesta edición especial participan mais de 30 comercios con descontos que poden acadar ata o 60 % !!!!

Este venres e sábado, BLACK FRIDAY E NOITE ABERTA en Boiro¡¡