Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
PREMIOS ABE

 

 

Xa están abertas as votacións para a II edición dos premios ABE á excelencia empresarial. Uns premios nos que os socios da ABE son os protagonistas xa que son eles os que votan para elixir ao mellor comercio e mellor empresa asociada do ano 2018.

O seu obxectivo é premiar o labor daquelas empresas asociadas que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra.

Este Premio supoñerá para os gañadores a proxección, a través de medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial. Ao mesmo tempo que un recoñecemento outorgado polos seus compañeiros empresarios xa que son os propios socios da ABE os encargados de votar aos premiados.

Lugar e Data de entrega de premios

Os premios entregaranse o xoves 13 de decembro ás 21:00 horas nunha gala que celebraremos no salón de actos da ABE.

No decurso da mesma proxectaremos un vídeo coas actividades realizadas no 2018.

Ao remate servirase un pincho.

Premios

Esta II Edición dos Premios ABE á excelencia empresarial comprende dúas categorías:

 

  1. Mellor comercio asociado do ano 2018.
  2. Mellor empresa asociada do ano 2018.