Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
escolas de futbol de boiro

Xa temos gañadora do premio de 1.000 € que sortearon as ESCOLAS DE FÚTBOL DE BOIRO e que recaeu en DOÑA BELÉN BLANCO TRIÑANES.

O venres 4 de xaneiro, Julio García, secretario das escolas de fútbol de Boiro e Oscar España presidente da ABE fixeronlle entrega do mesmo.

O premio consiste en 1.000€ en vales de compra para gastar nos comercios asociados á ABE. Belén xa ten no seu poder os vales de compra e o listado de socios nos que pode facelos efectivos dende hoxe ata o 28 de febreiro.

Recordar que esta iniciativa encádrase nunha das liñas estratéxicas da ABE que é tratar de difundir e facer pedagoxía sobre a importancia de consumir no noso entorno mais inmediato así como tratar de favorecer unha economía circular na que os veciños dunha determinada localidade consumamos uns aos outros.

Froito do traballo realizado pola ABE neste sentido saen campañas tan chulas como a de peche dos comercios que levamos a cabo hai unhas semanas ou esta colaboración sen precedentes coas escolas de fútbol de Boiro.

Cada ano as ESCOLAS MUNICIPAIS DE FUTBOL de Boiro venden rifas para recadar fondos para as súas actividades e sortean diferentes premios. Este ano e fruto das xestións da ABE e a excelente predisposición dos dirixentes das escolas o premio a sortear foi, por primeira vez,  1.000 euros en vales de compra para gastar nos negocios asociados a ABE.

Sen dúbida unha excelente noticia para o comercio local non so polo importe económico que agora revertirá nos asociados senón tamén como mostra de economía circular, apoio á economía local e tamén como exemplo para os mais cativos da casa que en último termino son os que fan a venta das rifas.