Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
NOITE ABERTA

 

 

Xa está aquí unha nova edición dun dos eventos comercias mais agardados por clientes e veciños de Boiro, trátase da NOITE ABERTA, un evento singular que xunta comercio, ocio e entretemento nunha xornada festiva.

Nesta edición da N.A. participarán 28 establecementos asociados a ABE que abrirán ata as 24 horas da noite e realizarán descontos durante todo o día ademais de actividades especiais.

Os establecementos participantes corresponden ao sectores de moda home e muller, calzado, complementos, moda e calzado infantil, fogar, iluminación, deportes, perfumaría, alimentación e xoguetes.

Unha oportunidade estupenda para equiparse para o verán cos mellores descontos.

Nesta edición a colaboración do concello de Boiro vai en aumento e gracias a súa axuda instalaranse dous inchables na praza do concello durante a tarde do sábado e a partir das 20:00 horas teremos un espectáculo de rúa da compañía troula animación chamado Funky Party.

Inchables gratuítos na Praza do concello

18:00 a 21:00 hs

Espectáculo Funky Party para tódolos públicos

Ruas de Boiro

Pase 1 de 20:00 a 20:45

Pase 2 de 21:15 a 22:00

Actuación grupo Xilbarbeira

Rúas de Boiro a partir das 21:00 hs

 

Como novidade os establecementos participantes lucirán diante dos seus escaparates un display de 3 metros coa imaxe da Noite Aberta para que os clientes e visitantes identifiquen claramente cales son os negocios que financian e colaboran coa iniciativa.

A segunda novidade é a potenciación da participación do sector hostaleiro que terán descontos e actividades especiais nos seus locais.

Ademais todas as compras do día poden participar na campaña Días Azuis, os clientes poden rexistrar os tikets das compras en www.diasazuis.com e participar no sorteo de 16.200 € en tarxetas regalo !!!

Para non perderse nada a ABE editou un folleto que pódese consultar e descargar aquí  ou no facebook de Boiro Aberto onde figuran todos os descontos e actividades dos establecementos participantes.

Este sábado, hai NOITE ABERTA en Boiro¡¡

 

IMPORTANTE

A ABE QUERE DESTACAR QUE A NOITE ABERTA DE BOIRO É POSIBLE, E SUPÓN UN ÉXITO DE VENTAS E VISITANTES GRAZAS AO ESFORZO E FINANCIACIÓN QUE REALIZAN OS 28 ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS PARTICIPANTES, A ABE E O CONCELLO DE BOIRO.

 NESTE SENTIDO ANIMAMOS AOS COMERCIOS NON ASOCIADOS E QUE SE SUMAN POLA SÚA CONTA EN CADA EDICIÓN A ESTE EVENTO, QUE SE ASOCIEN A ABE, XA QUE ASÍ ESTARÁN TAMÉN CONTRIBUÍNDO A QUE ESTA ACTIVIDADE SE POIDA SEGUIR CELEBRANDO E SEGURAMENTE EN MELLORES CONDICIÓNS QUE NAS ACTUAIS.