Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
ludoteca

A nova directiva da ABE, presidida por Daniel García, continua organizando novas actividades co obxectivo de potenciar as compras e visitas de clientes ás nosas empresas e por este motivo vamos a poñer en marcha unha LUDOTECA e dous sorteos de vales de compra durante o mes de agosto.

A LUDOTECA estará en funcionamento durante os xoves e venres do mes de agosto de 11:00 a 14:00 horas no local multiusos da praza de abastos que acondicionaremos a tal efecto.

Soamente se poderá acceder a ela mediante as entradas que repartiran os establecementos participantes nesta campaña e serán válidas por 1 hora de duración para os días 1, 2, 8, 9, 16, 22, 23 e 29 de agosto.

Os establecementos participantes entregarán unha entrada por cada compra superior a 20 € entre o luns 22 de xullo e o xoves 29 de agosto.

O venres 30 de agosto organizaremos unha festa final despedida con entrada libre e 3 horas de actividades, inchables, obradoiros e moitas sorpresas. Nesa festa celebraremos 2 sorteos presenciais de 100 € en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes.

O primeiro entre todas as entradas utilizadas na ludoteca (van ter matriz con 2 partes) dun premio de 100 € en vales de compra e o segundo, do mesmo importe, entre tódolos clientes que cubran o reverso dos tikets de compra dos establecementos participantes co seu nome, apelidos e teléfono e os depositen nunha urna que haberá na entrada da Ludoteca (sacarase ata que aparezas os premiados)

Normativa e información Ludoteca

Bases sorteos

 MERCA, PASEA OU TOMA UN CAFÉ MENTRES ELES DESFRUTAN