Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.


NOVA EDICIÓN DA NOITE ABERTA EN BOIRO


O sábado 13 de xuño a A.B.E. organizou unha nova edición da Noite Aberta. Un evento agardado con impaciencia tanto polos comerciantes como polos clientes. Nesta edición participaron preto de 40 comercios que abriron ata as 24 horas da noite e realizaron actividades e descontos durante todo o día.

 

No tocante a actividades musicais actuaron o grupo itinerante PONMEUNKINTO e os grupos de baile e música tradicional Xilbarbeira e Ballet Folclórico Boirense. Os comercios participantes, entregaron caramelos e bolsas reutilizables e como novidade tamén tikets de aparcamento gratuítos para que os clientes poideran estacionar no aparcamento situado nos baixos do concello. Algunhas das actividades realizadas polos comercios foron regalo de shopping bags, carriños de doces e chuches, talleres de globoflexia, chapas e pintura de caras, photocall de todo tipo, sorteo de consolas, cócteles, mojitos, pinchos, sorteos de fin de semana en casa de turismo rural, reloxios, xoias e vales de compra, djs, festas hawaiana e Ibicenca e moito mais.

 

 

 

COMPARTE

_