Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto


MASTERCLASS DE FERNANDO SÁNCHEZ SALINERO


Cheo total no salón de actos da A.B.E. para asistir a clase maxistral que impartiu un dos consultores de empresa mais reputados do país.

Os mais de 70 empresarios que asistiron á clase puideron descubrir as claves para potenciar os seus negocios da man de Fernando Sánchez Salinero, consultor estratéxico, especialista en formación de directivos e fundador da Escola profesional da venda e Instituto de Desarrollo PyME. A charla organizada pola A.B.E. e financiada pola cámara de comercio de Santiago a través do plan integral de apoio á competitividade do comercio minorista, centrouse en conseguir atraer clientes e acertar nas accións a realizar de cara ao mercado como a publicidade, orientación estratéxica ou o desarrollo de novas liñas de negocio. Tras case catro horas de clase o 95% asistentes valoraron a acción formativa como excelente segundo os datos extraídos da enquisa realizada ao remate da charla.

 

 

COMPARTE

_