Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
salinero diagnóstico empresa

 

SALINERO IMPARTE UNHA MASTERCLASS NA ABE


 O pasado luns 23 de novembro, tivemos o pracer de contar coa presenza dun dos mais reputados consultores de empresa do país, Fernando Sanchez Salinero, que impartiu unha masterclass para empresarios na que explicou como realizar un diagnostico da saúde das empresas.

A acción formativa celebrada na aula 1 da A.B.E. acudiron 20 empresarios que guiados por salinero, aprenderon a detectar diversos síntomas de Alarma na empresa que nos avisan de que algo debemos cambiar.

Algún destes síntomas analizados foron a sensación de ser cada vez máis dura a competencia, ausencia de planificación por escrito, mal ambiente laboral, estancamento ou descenso das vendas ou mesmo problemas cos cobros e perda de clientes.

Fernando Sánchez Salinero é consultor estratéxico, especialista en formación de directivos e fundador da Escola profesional da venda e Instituto de Desarrollo PyME, é un dos consultores de empresa mais reputados e coñecidos do pais.

Tertuliano habitual en programas de tv, escritor e sobre todo súper heroe tralo seu paso polo programa de buenafuente como super pyme.

 

 

 

COMPARTE

_