ABE E VOLVO MERENAUTO ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN
- O presidente da ABE asinou esta mañá o acordo
- Dende hoxe as empresas asociadas poden acollerse a el e acadar diversos descontos e servizos preferentes en automoción
- Este convenio únese ao resto de convenios que a asociación ten a disposición dos socios e que se poden consultar na web www.abe.gal
Boiro 12 de xuño de 2023
O presidente da patronal Boirense, Daniel García asinou na mañá de hoxe un convenio de colaboración coa empresa asociada Merenauto concesionario oficial VOLVO.
O presidente explicou que o acordo veu motivado porque “actualmente o mundo da automoción ofrécenos multitude de posibilidades tecnolóxicas, e a normativa non acaba de concretar que pasará nos vindeiros anos polo que buscar solucións á mobilidade nunha empresa xa non é tarefa fácil “
Para axudar aos socios da patronal neste eido asinase o presente convenio e por parte de Merenauto, Jorge Naya responsable do departamento de empresas da compañía que quixo destacar “ as empresas asociadas a ABE terán acceso ao mellor asesoramento por parte de profesionais do sector xa que Merenauto pon a súa disposición o departamento de empresas formado por profesionais que buscarán a mellor solución as súas necesidades de motilidade, tanto á hora de elixir modelo como fórmula de adquisición “
Destacar que as empresas asociadas contarán cunha páxina web específica con todas as ofertas especiais que Merenauto, en virtude deste acordo, pon a súa disposición na que poden consultar as condicións especiais tanto en venda de vehículos novos como no servizo postvenda.
Naya tamén quixo destacar as condición do Rentig que calificou como “as mais baixas do mercado”
O presidente indicou que “Este convenio únese ao resto de convenios que a asociación ten a disposición dos socios e que se poden consultar na web www.abe.gal e dende o enlace de Merenauto, os socios poden acceder co seu usuario e contrasinal ás ofertas exclusivas e información detallada”