Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
programa

 

ESTE SÁBADO, NOITE ABERTA EN BOIRO

A festa do comercio de Boiro terá lugar este sábado, 19 de novembro, durante todo o día

Xa está aquí unha nova edición dun dos eventos comercias máis agardados por clientes e veciños de Boiro, trátase da NOITE ABERTA, un evento singular que xunta comercio, cultura e entretemento nunha xornada festiva e que dende 2012 vimos organizando de maneira conxunta a ABE e o Concello de Boiro.

Nesta edición da N.A. participarán 32 comercios que abrirán ata as 24 horas da noite e TODOS realizarán descontos durante todo o día de entre o 20 % e o 50 %.(Ver programa para mais detalle)

Ademais dos descontos e actividades nos comercios, temos unha ampla programación cultural que comeza coas exposicións de gravados de Manuel Ayaso e Alfonso Costa no Centro Social de Boiro, segue co concerto de novos directores da Banda de Música de Boiro ás 20:30 na Casa da Cultura e remata coas actuacións nas rúas de Boiro dos grupos de baile tradicional.

ILUMINACIÓN DE NADAL

Outra das tradicións da Noite Aberta de Boiro (na súa edición de inverno) é que grazas ao Concello de Boiro estrearemos o alumeado de Nadal que axudará a dar cor as rúas da localidade nesta cita tan importante para o comercio local.

NOVIDADES

Influencer e bloguer

Nesta ocasión imos apostar por darlle un punto mais dixital e tecnolóxico ao evento e para elo imos a contar coa axuda da influencer e blogueira de moda María Alborés que a través da súa marca profesionalwhatmerywears vai a dar cobertura en redes a o evento.

Para elo María acompañada do seu fotógrafo visitarán os 32 establecementos participantes onde realizarán unha foto e con cada foto un post que compartirá nas redes sociais co hashtag #naboiro

Ademais realizará a cobertura total do evento dende o inicio ata o final co obxectivo de que podamos chegar a un amplo segmento de poboación.

Concurso en facebook

En paralelo a esta iniciativa dende a ABE lanzaremos un concurso en Facebook no que os participantes terán que subir á esta rede social unha foto de calquera dos establecementos participantes na Noite Aberta, neste caso cun novo hashtag que é #naboiro2016

Teñen de prazo para facelo dende as 10:00 ata as 00:00 horas do sábado e o luns ás 12:00 daremos o nome do gañador que terá como premio un vale de compra de 60 €.

Bases concurso

ACTIVIDADES NOS COMERCIOS

En canto as actividades dos comercios, que é unha das selas de identidade deste evento, caben destacar que todos os participantes ademais do desconto, esméranse en darlle aos seus cliente nesta xornada algo especial e como exemplo os seguintes:

 

  • Animación musical con Djs.
  • Photocall con premios.
  • Festa jägermeister.
  • Degustación de castañas, cocteles, doces, embutidos, pasteis e pinchos variados.
  • Ven a bailar con Just Dance 2017
  • Regalos directos por compras
  • Talleres infantís de maquillaxe, globoflexia
  • Photocall con personaxes animados
  • Presentación de Woodding wedding topper cake
  • Sorteos variados (Xoguetes, vales de compra…)
  • Rasca e gaña
  • Palomitas quentes e algodón doce.
  • Candy bar

 

Consulta o programa completo de descontos e actividades.

Programa completo