A ABE FAI ENTREGA DO IMPORTE RECADADO POLA VENDA DA CAMISETA SOLIDARIA SOMOS BOIRO A CRUZ VERMELLA BOIRO
Boiro a 19 de setembro de 2024
O presidente da ABE, Daniel García fixo entrega está maña ao presidente da agrupación local de cruz vermella en Boiro, Julio García unha doazón de 100€ correspondente á venda das camisetas solidarias somos Boiro.
A iniciativa promovida pola ABE tivo lugar na pasada edición de Fora Stocks Boiro na que se puxo á venda unha edición limitada de 50 camisetas e das que se destinou 2€ de cada unha delas a fins solidarios.
Nesta ocasión a entidade destinataria da doazón foi Cruz Vermella Boiro coa que a ABE ten un acordo de colaboración e como indicou o seu presidente “estes fondos destinaranse a completar as accións que estamos desenvolvendo de cara a volta ao cole das familiar mais necesitadas da localidade”
Pola súa parte o presidente da patronal de Boiro quixo destacar que “esta foi unha iniciativa piloto que ante o éxito acadado repetiremos no futuro destinando as doazóns a diferentes entidades sociais do municipio”
Saudos
Prensa ABE