Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://twitter.com/empresasboirohttps://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

_

 

QUEN SOMOS?

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Hai 35 anos que un grupo de empresarios fundaron a que hoxe é a Asociación Boirense de Empresarios, unha asociación multisectorial que representa a 200 empresas de Boiro e contorno.

No ano 2005 deuse un paso adiante na profesionalización da entidade ao crearse o centro comercial aberto de Boiro que a dia de hoxe conta con dous galardóns nos premios nacionais de comercio.

Actualmente está integrada en diferentes entidades entre as que destacan as redes Redic e Eusumo da Xunta o observatorio económico da cámara de comercio ou o consello escolar de Boiro e mais recentemente no pacto polo clima da Xunta e o pacto pola xeneración dixital do Goberno de España.

As funcións principais da entidade son a representación e defensa dos intereses dos membros do colectivo, a promoción do tecido empresarial da localidade e a prestación de servizos as empresas asociadas.

Neste útlimo apartado destaca a tramitación de subvencións sendo unha das poucas asociacións a nivel nacional que presta este servizo e cunha  porcentaxe de éxito  no pasado ano de mais do 90%.

Entre as actividades de promoción destacan o Pecha Kucha, que o vindeiro ano chegará a súa 10 edición, as noites abertas que son un clásico de Boiro e que atraen a miles de visitantes ou mesmo os premios ABE nos que cada ano os propios empresarios escollen entre os seus compañeiros aos gañadores e cuia gala xa é un clásico anual ao que acoden mais de 150 empresarios e invitados.

Destacar que este ano a implantación dun sistema de fidelización feito a medida resultou un éxito sen precedentes neste tipo de sistemas xa que actualmente conta con 2.280 usuarios sobre unha poboación de Boiro que non chega aos 20.000 habitantes. 

➤ MISIÓN

  • Proporcionar ao empresariado as ferramentas, servizos, actividades e proxectos que lles axuden a mellorar os seus negocios.

➤ VISIÓN

  • Servir mellor aos nosos socios para ser sempre relevantes na súa faceta profesional establecendo relaciones duradeiras.
  • Ser un referente no tecido empresarial da comunidade exercendo un liderazgo activo.

➤ VALORES

  • Innovación, colaboración, participación e traballo en equipo, liderazgo,  integridade, responsabilidade e impacto social.

 

 

 

 

 

 

COMO ASOCIARSE

A cuota de socio da ABE é de 15,85€ mensuais, págase por trimestes, vía domiciliación bancaria.
Esta cuota da acceso a todos os servizos e actividades que ofrecemos desde a ABE que pode consultar na sección SERVIZOS.

 

FICHA PARA ASOCIARSE

 

OPCIÓN 1:


Contacte ca ABE por vía telefónica

981 847 888


Porémonos en contacto con vostede.

 

 

OPCIÓN 2:


Envíe un e-mail ao enderezo

info@abe.gal


Porémonos en contacto con vostede.

 

 

OPCIÓN 3:


Cubra o seguinte formulario