BOIRO XOGA. A gran partida do comercio local
1. Organización
A campaña BOIRO XOGA. A gran partida do comercio local está organizada pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), co obxectivo de fomentar o consumo no comercio, hostalería e servizos asociados do municipio de Boiro mediante unha acción de dinamización comercial de carácter lúdico e participativo.
2. Duración
A campaña desenvolverase entre o 5 e o 19 de setembro de 2026, ambos incluídos.
As actividades programadas realizaranse conforme ao calendario oficial publicado pola ABE.
3. Ámbito de participación
Poderán participar todas as persoas maiores de idade, así como as persoas menores acompañadas dunha persoa responsable, que realicen compras nos establecementos adheridos á campaña.
4. Obtención do xogo BOIRO XOGA
Durante a campaña, o xogo poderá conseguirse a través do programa de fidelización da ABE.
As persoas participantes deberán rexistrar os seus tickets de compra en www.abe.gal, acumulando puntos equivalentes ao 10 % do importe das compras.
Durante a campaña, o custo será de 300 puntos por exemplar.
Unha vez finalizada, o custo pasará a ser de 500 puntos.
A entrega realizarase ata esgotar as existencias dispoñibles.
5. Xogo online
Durante a campaña estará dispoñible un xogo online accesible desde a web da ABE e mediante os códigos QR situados nos distintos soportes promocionais.
A participación será gratuíta.
Ao remate da campaña, as tres persoas participantes que obteñan a mellor puntuación recibirán un exemplar do xogo BOIRO XOGA.
6. Festa final
A festa final celebrarase o 19 de setembro de 2026 na Praza do Concello de Boiro.
Durante a xornada desenvolveranse actividades familiares, degustacións gastronómicas, animación musical, parque de inchables e o gran panel de premios da campaña.
7. Sistema de vales
Os establecementos participantes entregarán un vale por compras superiores a 20 €, ata esgotar as existencias. Para esta finalidade editaranse 15.000 vales.
Ademais, durante a festa final habilitarase un punto de intercambio onde as persoas consumidoras poderán obter vales adicionais presentando tíckets de compras realizadas durante o período da campaña, ata esgotar os 5.000 vales destinados a esta acción.
Cada vale permitirá participar nunha única actividade.
Cada participante poderá decidir libremente o destino dos seus vales entre as diferentes actividades programadas.
8. Panel de premios
Cada vale destinado ao panel dará dereito a unha única tirada dos dados xigantes.
Cada participante poderá realizar un máximo de dúas tiradas durante toda a xornada.
O premio obterase en función da suma resultante dos dous dados e corresponderá á casilla indicada no panel de premios.
Os premios entregaranse no mesmo momento da participación e serán 2.000€ en bonos ABE e 100 xogos. ( 200 de 5 e 100 de 10 €)
A organización informará de forma visible dos premios dispoñibles e daqueles que vaian sendo entregados durante a xornada, ata o seu esgotamento ou ata a finalización da actividade.
Cada participación no panel xerará unha papeleta numerada para participar no Sorteo Final do Bote.
Ao remate da actividade do panel, todos os Bonos ABE que non fosen entregados durante o desenvolvemento do xogo acumularanse nun único bote final.
O sorteo realizarase de forma presencial e pública, mediante a extracción aleatoria das matrices correspondentes ás papeletas entregadas durante a xornada.
Para resultar gañadora, a persoa titular da papeleta extraída deberá estar presente no momento do sorteo e acreditar a posesión da papeleta orixinal.
No caso de que a persoa titular da papeleta extraída non se atope presente ou non presente a papeleta correspondente, a extracción considerarase nula e procederase inmediatamente á extracción dun novo número, quedando automaticamente anulados os anteriores.
O proceso repetirase tantas veces como sexa necesario ata que exista unha persoa gañadora que cumpra os requisitos establecidos.
A persoa gañadora recibirá a totalidade dos Bonos ABE que integren o bote final.
9. Degustacións
Cada vale dará dereito a unha degustación.
Cada participante poderá retirar un máximo de dúas degustacións por quenda, podendo volver participar facendo novamente a cola correspondente.
10. Inchables
Cada vale permitirá un único acceso ás atraccións inchables.
A organización poderá limitar o tempo de permanencia nas atraccións co fin de facilitar a participación do maior número posible de persoas.
11. Protección de datos
Os datos persoais facilitados durante a campaña serán tratados pola Asociación Boirense de Empresas exclusivamente para a xestión da promoción, entrega de premios e comunicacións relacionadas coa campaña, de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 e coa Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
As persoas participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade mediante comunicación dirixida á Asociación Boirense de Empresas.
12. Aceptación das bases
A participación na campaña implica a aceptación íntegra das presentes bases.
A organización resérvase o dereito de interpretar o seu contido e resolver calquera incidencia non prevista, adoptando as decisións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento da campaña.
13. Modificacións
A Asociación Boirense de Empresas poderá modificar aspectos organizativos da campaña por causas de forza maior, seguridade ou interese xeral, comprometéndose a comunicalo polos seus medios oficiais.
14. Publicidade dos premios
As persoas premiadas autorizan, salvo manifestación expresa en contrario, á Asociación Boirense de Empresas a utilizar o seu nome e imaxe para fins exclusivamente informativos e promocionais relacionados coa campaña, sen dereito a contraprestación económica.
15. Resolución de incidencias
Calquera situación non prevista nas presentes bases será resolta pola organización, sendo as súas decisións vinculantes para todas as persoas participantes.