Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

ASÓCIATE!

Empeza hoxe a formar parte da ABE

A cuota de socio da ABE é de 20€ mensuais, págase por trimestes, vía domiciliación bancaria.
Esta cuota da acceso a todos os servizos e actividades que ofrecemos desde a ABE que pode consultar na sección servizos.

Descargar formulario

Como asociarse

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Opción 1

Contacte ca ABE por vía telefónica

981 847 888

Porémonos en contacto con vostede.

Opción 2

Envíe un e-mail ao enderezo

info@abe.gal

Porémonos en contacto con vostede.
 

Opción 3

Cubra o seguinte formulario






10 razóns para asociarse

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Convenios

Os negocios asociados benefícianse de descontos grazas aos convenios propios e aos de APE Galicia, á cal pertencemos. Exemplos destes servizos inclúen banca, enerxía, formación superior e asesoramento xurídico.

Formación

Ofrecemos cursos, charlas e seminarios, presenciais e en liña, sobre temas empresariais. Tamén tes acceso a actividades formativas de administracións, escolas de negocios e outras entidades superiores.

Subvencións

Levamos a cabo todo o proceso: información inicial, solicitude, xustificación e seguimento do expediente. En 2024, tramitamos 72 subvencións, obtendo 489.000€ en axudas para as empresas asociadas, xerando un impacto de máis de 700.000€ en investimentos.

Información

Remitimos de maneira puntual información coas novidades sobre lexislación, convenios,
calendario laboral, programas públicos, actos, congresos, comunicados de facenda e SS
SS...
Ademais, cada semana recibirás unha circular co resumo de actividades celebradas e un apartado con todas as axudas vixentes.

Fidelización

Os clientes dos negocios asociados poden acumular puntos con tíckets de compra para trocar por agasallos e participar en sorteos. Tamén poden usar os bonos ABE, tanto de campañas promocionais como adquiridos por particulares para agasallar.

Representación

A labor fundamental da asociación e que os asociados teñan capacidade de exercer
presión ante as administracións para a consecución de melloras ou a resolución de problemas que afectan ao tecido empresarial.
Para iso é fundamental a fortaleza do colectivo que neste intre xa agrupa a máis de 200 empresas.

Uso de instalacións

A ABE conta cunhas magníficas instalacións que están a disposición dos socios para que
celebren xuntanzas, cursos, presentacións de produtos e similares.
Cunha simple reserva online poden dispoñer de 2 aulas, 1 sala de xuntas, un salón de actos con
100 localidades e todo elo de xeito gratuíto.

Networking

Estar asociado permite estar en contacto con 200 empresas da contorna, compartir experiencias, establecer relacións comerciais
ou simplemente sentirte acompañado por empresarios con problemáticas similares.
Organizamos cada ano eventos de alto nivel como os Premios ABE e o Fálame Sempre. Ser
socio da dereito a asistir a ambos.

Promoción

Podes promocionar a túa empresa nas redes sociais e na web da asociación, chegando a miles de clientes e usuarios. É unha oportunidade fantástica para dar visibilidade a produtos, ofertas ou proxectos que desenvolves como empresa asociada..

Valor de marca

Somos unha comunidade dinámica, aberta e colaborativa, destacando como unha das máis representativas da nosa autonomía. En 2015, o noso centro comercial aberto recibiu unha mención especial, e en 2019 e 2023 un accésit nos Premios Nacionais de Comercio, o máximo recoñecemento do goberno español no ámbito comercial.