BOIRO XOGA
A gran partida do comercio local
Benvido a BOIRO XOGA, o novo xogo de mesa creado pola Asociación Boirense de Empresas.
Inspirado nas rúas, nos negocios e na identidade da nosa vila, o xogo é o punto de partida dunha gran campaña de dinamización comercial que se desenvolverá do 5 ao 19 de setembro.
Durante estas dúas semanas, as compras nos negocios asociados permitirán conseguir o xogo exclusivo de Boiro, obter agasallos, participar en sorteos e descubrir diferentes retos e propostas pensadas para todos os públicos.