#sonBoiro
Bonos Regalo ABE
Os Bonos Regalo da Asociación Boirense de Empresas (ABE) son unha opción flexible para agasallar, permitindo aos destinatarios elixir entre unha ampla variedade de produtos e servizos ofrecidos polos máis de 200 negocios asociados á ABE.
Estes bonos están dispoñibles en múltiplos de 5 euros e preséntanse nunha caixa personalizada que inclúe:
- Os vales de compra.
- Un código QR para acceder á información dos negocios asociados.