Preguntas frecuentes
O Club ABE é gratuíto?
Si. Formar parte do Club ABE é totalmente gratuíto. Non existe ningunha cota de alta nin mensualidade.
Que datos teño que facilitar?
Para formar parte do Club só necesitas facilitar o teu correo electrónico.
Vou participar automaticamente nos sorteos?
Non. Cando exista un sorteo, concurso ou acción especial, recibirás información sobre el e unha ligazón para anotarte se queres participar.
Deste xeito, só facilitas datos adicionais cando realmente sexan necesarios para participar nesa acción.
E se só quero recibir información?
Perfecto. Non tes que participar en ningún sorteo nin actividade. Simplemente recibirás no teu correo a información do Club ABE.
Con que frecuencia recibirei correos?
Non queremos encher a túa bandexa de entrada. Enviaremos comunicacións cando teñamos campañas, novidades, actividades ou accións que consideremos de interese.
Podo darme de baixa?
Si. Poderás deixar de recibir as comunicacións do Club ABE cando queiras, utilizando a opción de baixa incluída nos correos.
Por que crear o Club ABE?
Porque queremos construír unha comunidade de persoas que apostan polo local e queren estar máis preto do que acontece en Boiro.
O Club ABE é unha forma sinxela de estar conectado coas empresas, negocios e iniciativas que forman parte da nosa vila e de poder participar nas accións que máis che interesen.
Porque apostar polo local tamén é formar parte da comunidade que fai medrar Boiro.