A Asociación Boirense de Empresas (ABE) é unha entidade creada en 1988 para apoiar, representar e impulsar ás empresas de Boiro. Hoxe reúne a máis de 200 negocios de distintos sectores e traballa activamente para fortalecer o comercio, os servizos e a economía local.
A ABE acompaña ás empresas no seu crecemento a través de asesoramento, formación, proxectos innovadores e accións de promoción, actuando como punto de encontro e voz común do empresariado. Ademais, colabora con institucións e redes a nivel autonómico e estatal para impulsar a modernización, a sustentabilidade e a transformación dixital do tecido empresarial.
O noso obxectivo é claro: facer de Boiro un lugar mellor para emprender, traballar e mercar.