Qué é

Transita

ABE? >>

 

Transita ABE é a iniciativa da Asociación Boirense de Empresas para protexer o tecido económico e comercial de Boiro ante o reto do relevo xeracional.

O noso obxectivo é evitar o peche de negocios viables e consolidados por xubilación ou falta de sucesión. A través dunha metodoloxía baseada na anticipación, preparamos o relevo, conectamos ás partes e acompañamos todo o proceso para preservar o emprego, o investimento e o servizo á nosa comunidade.

Detectamos con tempo, preparamos o relevo e acompañamos a transición para que cada historia empresarial siga viva.

Se queres saber se o programa pode axudarche cubre esta enquisa

 

AS FASES DO PROXECTO

 

DETECTAR

Diagnóstico preventivo do tecido comercial

O primeiro paso é coñecer a realidade do relevo xeracional entre as empresas asociadas.

Para iso, a ABE desenvolveu unha Enquisa de Madurez e Sucesión Comercial, unha ferramenta sinxela e áxil que permite identificar posibles necesidades de relevo a curto, medio e longo prazo

 

PREPARAR

Acompañamento á empresa cedente

Unha vez detectada unha posible situación de remuda, a ABE ofrece un primeiro acompañamento á persoa titular.

A transmisión dun negocio require tempo e preparación. Por iso, a ABE orientará sobre os pasos que deberían darse para iniciar o proceso, os recursos dispoñibles e as diferentes vías para buscar continuidade.

 

CONECTAR

Intermediación coa Bolsa Remuda 

A ABE actua como axente dinamizador local, en coordinación coa Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia.

Os negocios identificados como susceptibles de remuda poderán ser orientados cara á Bolsa Remuda, facilitando a súa incorporación a esta plataforma pública de conexión entre persoas cedentes e potenciais adquirentes.

 

TRAMITAR

Unidade técnica de axudas e apoio ao emprendemento

O proceso de remuda pode estar acompañado de diferentes axudas públicas tanto para a persoa que transmite a actividade como para a nova persoa titular.

A ABE ofrece orientación e apoio técnico para identificar as axudas aplicables en cada caso e facilitar a súa tramitación.

 

ACTIVAR

Acompañamento á nova persoa titular

A remuda non remata coa transmisión do negocio.

Desde a ABE facilitase o acceso aos recursos de formación, asesoramento e apoio existentes, adaptándoos na medida do posible ás necesidades das novas persoas titulares.

 

CONSOLIDAR

Integración no tecido empresarial local

Unha vez producido o relevo, a ABE manten unha visión de acompañamento durante os primeiros pasos da nova etapa.

As novas persoas titulares poderán incorporarse á comunidade empresarial da ABE e participar nas súas actividades, formacións, campañas de dinamización, accións de networking e ferramentas de fidelización.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

Tes un negocio e estás preto da xubilación?

Queres coñecer que pode facer por ti TRANSITA ABE?

Cubre o cuestionario inicial e contactaremos contigo para informarche