Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

BASES E FUNCIONAMENTO PUNTOS ABE

O programa de fidelización de puntos ABE é unha promoción pola que as compras realizadas nos establecementos asociados á ABE transfórmanse en puntos canxeables por regalos do catalogo de premios da Asociación Boirense de Empresarios , con CIF G-15326820 y domicilio en Avda Constitución 85 entrechán A de Boiro (A Coruña)

COMO FUNCIONA?

  • Cando se realiza unha compra nun establecemento asociados a ABE o cliente ten a posibilidade de rexistrar o tícket ou a factura desa compra na web www.abe.gal
  • O cliente debe introducir o seus datos, correo electrónico, o nome do establecemento onde mercou e o importe da compra xunto cunha foto do tícket/factura.
  • O sistema de fidelización rexistrará esa compra e transformará o importe en puntos.
  • Ao longo do tempo o cliente pode ir introducindo tíckets/facturas das súas compras e os sistema os irá sumando a súa conta, sempre vinculada ao correo electrónico do cliente.
  • Non se precisa rexistro, o sistema garda os puntos de cada cliente vinculados ao seu correo electrónico.
  • Entendese que cada correo electrónico é un cliente e non se poden sumar puntos de diferentes correos electrónicos.


Cada vez que o cliente rexistre un tícket o sistema envíalle un correo electrónico que lle indica:

  1. Que o tícket foi correctamente rexistrado.
  2. Os puntos que acadou con ese tícket.
  3. O saldo acumulado de puntos.
  4. Un link ao catálogo de agasallos.
  5. Información de como canxear os puntos.

SISTEMA DE PUNTOS

Por norma xeral a suma de puntos será o 10% do importe do tícket co límite máximo de 30 puntos por tícket independentemente do importe total do mesmo.
Solo sumarán puntos os tíckets/facturas de establecementos asociados e que na foto subida se poida identificar claramente a data, o nome do establecemento e o importe do mesmo.
Non se admiten tíckets/facturas duplicadas nin o rexistro do mesmo tícket por diferentes usuarios.
En ocasións especiais a ABE lanzará promocións onde se poidan conseguir mais puntos polas compras realizadas. Tamén poderanse realizar sorteos de puntos en datas sinaladas entre todos os usuarios do sistema de fidelizacións.

CADUCIDADE DE PUNTOS

Os puntos acumulados e non cambiados teñen caducidade.
Os puntos de cada ano caducan o 31 de marzo do ano seguinte, esta data será o último día para utilizar os puntos do ano anterior.
Pasada esa data o sistema elimina todos os puntos non cambiados do ano anterior e matén o usuario e os puntos do ano en curso.

CATÁLOGO DE PREMIOS

Os puntos acumulados polos clientes servirán para cambialos por agasallos do catálogo de puntos ABE.
Cada agasallo ten un valor en puntos.
Cando o cliente reúna a cantidade suficiente de puntos pode solicitar o cambio dun agasallo.
As unidades son limitadas, se o produto solicitado está esgotado a ABE informará ao cliente para que elixa outro dentro dos dispoñibles nese momento no catálogo.
Os agasallos irán variando no tempo e o catálogo estará sempre actualizados na web www.abe.gal

CAMBIO DE PUNTOS POR PREMIOS

Cando o cliente teña os puntos necesarios e queira canxealos por un agasallo deberá utilizar ben o formulario específico que aparece na web da ABE e nos correos solicitando o canxe e indicando o agasallo que quere.
A ABE, unha vez revisada a petición, porase en contacto co cliente para indicarlle como e cando pode pasar a recoller o seu premio (a mecánica habitual será a recollida do premio na sede da asociación pero ante casos especiais pódese buscar alternativas)
Recepción da solicitude de canxe>comprobación do saldo> comprobación de que o produtos solictado está no catálogo> confirmación ao cliente> recollida

REVISIÓN DOS PUNTOS

O sistema asigna automáticamente os puntos unha vez que o cliente rexistra o tícket pero cando se solicita un canxe, a ABE revisa manualmente todos os tíckets do usuario para comprobar que non existen erros como, por exemplo, tickets duplicados ou de negocios non asociados. Por este motivo, pode ser que o saldo que inicialmente tiña acumulado o cliente varie unha vez revisado manualmente. En todo caso, avisarase ao usuario e prevalecerá sempre o dato final resultante da revisión manual.

LÍMITE DE CAMBIO DE PREMIOS

O cliente, independentemente dos puntos que teña, so pode solicitar o cambio de 1 premio durante o mes en curso.
Se tivera puntos para realizar mais cambios poderá solicitar o cambio de agasallo nos meses posteriores pero sempre a razón de 1 agasallo cada mes.
No momento do cambio o sistema o fai sempre por tíckets completos polo que sempre que non coincida unha suma de tíckets igual a do cambio dos puntos o sistema redondea cara arriba utilizando todo o valor do tícket (nesta situación a ABE pode compensar ao cliente restaurando total ou parcialmente os puntos perdidos pero ten que ser a indicación do cliente xa que o sistema por defecto non avisa)

DETECIÓN DE FRAUDES

Cando a ABE detecte que o rexistro de tíckets poida ser fraudulento (por exemplo que non correspondan a compras realizadas pola persoa que os rexistra,  ou cando se detecte que dende o negocio estánselle facilitando tíckets de compras de terceiros a unha determinada persoa ou que se rexistren estes tikets por empregados dese negocio) eliminaranse eses rexistros e incluso poderán eliminarse da aplicación tanto ao usuario que os rexistra como a empresa ou traballador que os facilita.

PARTICIPACIÓN DE SOCIOS ABE

Está permitida a participación na campaña dos socios da ABE por compras realizadas en establecementos que non sexan da súa propiedade. Os tickets do propio establecemento non se permiten rexistrar coa finalidade de salvaguardar a imaxe da ABE e dos propios asociados frente ao resto de clientes.

LEGAL

A participación na campaña supón a aceptación das bases así como a autorización dos premiados a utilizar a súa imaxe aos efectos de publicidade dos resultados da campaña.
A organización reservase o dereito de modificar as presentes bases, sen incorrer en ningunha responsabilidade.

 

BASES CAMPAÑA O PEQUENO FAINOS GRANDES

 

  1. A ABE organiza unha campaña de promoción comercial co obxectivo de premiar aos clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados durante estas datas e aos que voten polos mellores carteis colocados nas pancartas.
  2. A campaña desenvolvese dende o 9 de maio ata o 16 de xuño e os clientes teñen dúas maneiras de participar:
  3. Votar na páxina web da ABE elixindo a 1 dos 9 carteis da campaña (so se pode votar 1 vez por usuario)
  4. Rexistrar tíckets de compra entre as datas indicadas para participar nos sorteos indicados.
  5. Cada rexistro correcto será unha participación no sorteo e soamente se pode rexistrar o tícket ou factura unha vez.
  6. Os rexistros serán válidos cando se realicen dentro das datas da campaña e sempre que teñan a data indicada na base 2 e correspondan a unha empresa asociada a ABE. Pódese consultar o listado actualizado de empresas en abe.gal
  7. Realizaranse 2 sorteos, 1 entre as votacións recibidas e outro entre os tíckets rexistrados.
  8. Premios: 6 packs verán, 3 sortearanse entre os tíckets de compra rexistrados e outros 3 entre as persoas que voten ademais entregaranse outros 3 lotes aos 3 carteis mais votados.
  9. O sorteo terá lugar o 17 de xuño e a ABE contactará cos premiados e difundirá os mesmos tanto na web como ras redes sociais.
  10. A participación na campaña supón a aceptación das bases así como a autorización dos premiados a utilizar a súa imaxe aos efectos de publicidade dos resultados da campaña.
  11. A organización reservase o dereito de modificar as presentes bases, sen incorrer en ningunha responsabilidade, previa comunicación na web e redes sociais da ABE.