Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

ABANCA


Este convenio pon o acento na reactivación comercial por medio do crédito, unha peza básica para acadar a posta en marcha de novos proxectos e a mellora da competitividade dos actuais.

O convenio ofrece condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento asinado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como Credivenda ou Compras Especiais (a través das tarxetas de crédito) para dinamizar a actividade mercantil.

Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece a Conta Solucións Autónomos e Pemes. Deste xeito, a cambio dunha mínima vinculación coa entidade, poderán gozar da exención das comisións básicas de conta, tarxetas e operacións máis usuais.

A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación da Coruña, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR.