A ABE asinou un convenio de colaboración con PATRICIA GÓNZALEZ ROMERO AVOGADA que convertese en colaboradora da asociación aportando o seu coñécemete no ámbito da avogacía, en especial no ámbito do dereito mercantil.
O acordo asinado polo presidente da ABE, Daniel García, ten unha vixencia de un ano e inclúe unha primeira consulta gratuíta e un desconto, do 15% sobre o arancel oficial do colexio de avogados de A Coruña.
Esta primeira consulta e posterior desconto tamén se aplicará se un membro da ABE ten unha consulta do ámbito civil ou penal.
Reclamación de impagos
O presidente quixo destacar que “a especialidade da xurista é a reclamación de impagos, polo que os socios e socias da ABE terán a súa disposición un novo servizo que se engade aos que xa prestabamos”
Pola banda da avogada explicou que no tocante a reclamación de impagos “estudase cada caso de maneira particular e en función dese estudo decídese implementar unha fase de recobro amistosa ou xudicial”
En virtude do convenio e para ambos casos os socixs da patronal Boirense teñen incluídos descontos respecto a tarifa oficial.