Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

O SECTOR CREATIVO BOIRENSE AMOSA MÚSCULO NUN NETWORKING CREATIVO

 

O sector creativo deu mostra do seu potencial participando nun interesante networking o pasado xoves 22 de setembro no salón de actos da ABE.

32 profesionais do sector participaron nesta actividade organizada polo Concello de Boiro e na que colabora a ABE co obxectivo de analizar a situación do colectivo e marcar liñas de traballo en conxunto de cara ao futuro.

O networking, moderado polo facilitador de procesos creativos, Diego Parajó, contou coa presenza de empresas como In9, Sonaxe, Baldani, A pousada das ánimas, Triwus, Nova Xestión, Moai, La Doce, Juan Ares, Asteleiros, triñanes, Ágora e Serarte asi como os colectivos Olloboi, Creaturas e Barbantia.

Tamén participaron diferentes artistas e profesionais como os membros do grupo musical Triángulo de Amor Bizarro, a presentadora da TVG Yolanda Rodríguez, o realizador Pablo Chouza o técnico de cultura Alberto García e o xerente da ABE Tomás Estévez.

Nun inmellorable ambiente debateuse sobre o pasado, presente e futuro dun sector en crecemento e cun volume de negocio que o situa entre os que mais contribuen ao PIB local.