Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
boiroferta 2017

 

 

A ABE  xa ten todo preparado para que esta fin de semana teña lugar a décimo segunda edición de Boiroferta, un dos eventos con mais tradición do concello que pretende axudar aos comerciantes locais a liberar stocks a prezos que poden chegar ata ao 70% de desconto.

A feira celebrarase nunha carpa de 400 metros cadrados situada na praza da boqueira de anegral, xunto a piscina da cachada, que acollerá a 11 stands cunha superficie de 150 metros cadrados.

 Esta edición acolle aos sectores de textil, calzado, complementos, roupa e calzado infantil, decoración, agasallo e deportes.

 Ademais da actividade de venda temos un completo programa de obradoiros infantís gratuítos e sorteos para os clientes.

Horarios feira:

Venres 4, sábado 5 e domingo 6 de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 22:00 horas.

Horarios obradoiros:

De 12:30 a 14:00 horas

Venres 4: Obradoiro de maquillaxe.

Sábado 5: Obradoiro de pompas xigantes.

Domingo 6: Obradoiro de elaboración de marcapáxinas.

Sorteo presencial de 100 €

Domingo ás 20:30 horas