Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
pecha kucha vol 7

 

A A.B.E. e o CONCELLO DE BOIRO, coa colaboración da Asociación Galega de Xestores culturais organizamos a sétima edición do Pecha Kucha Boiro que nesta ocasión centrouse nas BOAS PRÁCTICAS EN XESTIÓN CULTURAL.

Baixo o formato Pecha Kucha de 20 IMAXES x 20 SEGUNDOS, presentamos 5 experiencias consideradas boas prácticas en xestión cultural na comarca do Barbanza, que para seguir a esencia PK, representan aspectos de desenvolvemento económico a través da creatividade e a cultura.

As cinco experiencias representan un activo turístico importante ademais do esencialmente cultural: 

 _Festa da Dorna de Ribeira con recoñemento de interese turístico e milleiros de visitantes durante unha semana.

_ Feirón Mariñeiro de Rianxo con todos os elementos da cultura mariñeira e milleiros de asistentes igualmente.

_Romería das Letras en Goiáns, poñendo en valor un espazo patrimonial e potencialmente turístico

_Festivais de curtas de Noia e Olloboi posicionando a comarca a través do audiovisual.

 Como peche a estas presentacións, Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da USC, fixo unha intervención compilatoria sobre turismo cultural.

 Segundo tempo

As 5 boas prácticas escollidas foron as recoñecidas no Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural da AGPXC (Asociación galega de profesionais da xestión cultural). Esta asociación e a Deputación da Coruña a través da deputada e vicepresidenta Goretti Sanmartín, entregaron as certificacións de boa práctica a estas iniciativas barbanzanas no decurso do evento.

 Terceiro tempo

 No mesmo acto presentouse a revista República Creativa, resumo dalgunha das iniciativas presentadas ademais de outros movementos sociais, culturais e económicos que se deron en Boiro nos últimos anos ao redor do evento Pecha Kucha e da colaboración Cultura e Empresa propiciada pola ABE e o Concello de Boiro.