Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.
sumate ao rosa

 

Como seguro saberedes o noso socio Farmacia Cimadevila organiza, un ano mais a andaina contra o cancro o vindeiro domingo 20 de outubro, será a terceira edición e hai unha previsión de mais de 2.000 participantes. Será un evento multitudinario que atraerá a Boiro a moitos visitantes e no que a ABE quere tamén ser partícipe.

Este ano a ABE colabora coa causa tratando de dar visibilidade á mesma a través dos escaparates dos establecementos asociados (calquera sector pode participar)

O obxectivo é conseguir, entre o 14 e o 20 de outubro vestir de ROSA os escaparates dos comercios, bares, oficinas coa finalidade de dar visibilidade a esta iniciativa e sentirnos todos participes da mesma. 

Para decorar os escaparates os participantes teñen total liberdade e a ABE tamén porá a súa disposición un cartel informativo da iniciativa que se pode ou ben recoller presencialmente nas oficinas ou ben descargalo da web www.abe.gal 

Unha vez decorado o escaparate calquera pode subir unha foto ás redes sociais co hagstags #andainarosaboiro ou etiquetar a @cimadevilasaude ou @boiroaberto para que se difunda.

Adicionalmente e independentemente do anterior propoñemos que durante o sábado 19 e o domingo 20 (este día a hostalería) os participantes atendan aos clientes vestindo a camiseta rosa oficial do evento.

Recordar que todos os ingresos son a favor da asociación española contra o cancro.

Descarga aquí o cartel oficial da campaña