Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
rede camiño

 

A ABE ven de presentar formalmente a súa adhesión á recentemente creada REDE DE COMERCIOS E MERCADOS DO CAMIÑO, xurdida ao amparo do Xacobeo 2021, que potenciará as ventas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago, no que Boiro é un deles.

A ABE optou pola vía de integración total dos seus comerciantes, polo que todos os comercios asociados que cumpran as características que marcan a orde (menos de 300 metros cadrados, epígrafe principal de comercio, menos de 50 traballadores…..) forman parte xa desta enorme rede galega dos comercios do camiño.

Inicialmente, pola adhesión á rede, os establecementos da ABE recibirán automaticamente e de forma gratuíta un distintivo identificativo para o local e unha serie de materiais promocionais para súa difusión mediante a distribución entre os clientes.

Así mesmo a ABE e os seus comercios pertencentes á Rede poden xa participar nas medidas de fomento que levará a cabo en forma de subvenciones, mediante convenio con entidades colaboradoras, accións directas dende a Xunta de Galicia, ou mediante calquera outra modalidade adecuada para súa execución.

Cabe destacar que dende o momento da adhesión os comercios socios da ABE xa están habilitados para realizar o sellado da compostelana a calquera peregrino que o solicite.