A Asociación Boirense de Empresarios é unha organización empresarial sen ánimo de lucro que representa a preto de 200 empresarios do ámbito de Boiro.
Dende 1988 ven apoiando e representando aos empresarios Boirenses mediante a
organización de actos propios así como na colaboración coa Administración Pública e outras entidades privadas.
A ABE no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da peme organiza este ano a III Edición dos Premios ABE á excelencia empresarial.
O seu obxectivo é premiar o labor daquelas empresas asociadas que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra.
Este Premio supoñerá para os gañadores a proxección, a través de medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial. Ao mesmo tempo que un recoñecemento outorgado polos seus compañeiros empresarios xa que son os propios socios da ABE os encargados de votar aos premiados.
Lugar e Data de entrega de premios
O evento celebrarase no salón de actos da sede da ABE o xoves 12 de decembro ás 20:30 horas.
Premios
Esta III Edición dos Premios ABE á excelencia empresarial comprende dúas categorías ás que non poderán optar Farmacia Cimadevila, A Pousada da Galiza Imaxinaria, Baldani e La Doce como gañadores das pasadas edicións (Base 1.3 da normativa dos premios)
- Mellor comercio do ano 2019.
- Mellor empresa do ano 2019
Bases
Primeira: Requisitos dos candidatos/as
- Serán susceptibles de ser elixidos como gañadores tódolos socios da ABE que no momento do inicio da data marcada pola organización para as votacións estean ao corrente de pago coa asociación.
- No caso de empresarios con mais de un negocio/empresa so poderán participar coa empresa/s coa que figuran de alta nas bases de datos da ABE.
- Non poderán ser novamente galardoados os premiados nas 2 edicións anteriores.
Segunda: Premios e categorías
Os premios teñen carácter honorífico facendo entrega dun galardón e non se contemplan premios en metálico.
Categorías
Mellor comercio do ano 2019.
Nesta categoría participarán os comercios retallistas asociados a ABE. Enténdese por comercio a definición que utiliza a Xunta de Galicia para ser beneficiario de subvencións da Dirección xeral de comercio. En concreto as empresas que teñan como epígrafe principal algúns do anexo II da orde IN201H sen aplicarse limitación de superficie nin traballadores.
Mellor empresa do ano 2019.
Participarán nesta categoría o resto de socios da ABE que non estean ubicados na anterior.
Terceira: Xurado e mecánica de votación.
- Os premios serán votados única e exclusivamente polos socios da ABE.
- Para elo a organización remitirá un formulario de voto a cada asociado coas empresas e comercios asociados en cada unha das categorías.
- Cada socio votará a 3 empresas de cada categoría con 3, 2 e 1 punto non podendo votarse a si mesma.
- Finalizado o prazo de votación realizarase o reconto dos votos recibidos e notificaranse os gañadores.
- En caso de empate a XD pode optar ben por outorgar o premio EX EAQUO ou ben realizar unha segunda volta de votacións entre as mesmas.
- O período de votación será do 22 de novembro ao 4 de decembro.
Cuarta: criterios de valoración
Dado que os premios son outorgados polos propios socios da ABE a valoración de cada un é libre e moi persoal pero para que sirva de referencia destacamos varios aspectos que serían de interese ter en conta nas valoracións á hora de votar.
Mellor comercio do ano 2019.
- Estabilidade no emprego.
- Iniciativas comerciais novidosas.
- Utilización de medios de pago, venta online, fidelización e similares.
- Imaxe e escaparatismo.
- Atención ao cliente.
- Grao de implicación no asociacionismo empresarial.
Mellor empresa do ano 2019.
- Estabilidade no emprego
- Investimentos realizados.
- Carácter innovador do proxecto.
- Grao de proxección nacional e internacional.
- Boas prácticas na xestión empresarial.
- Respecto polo medio ambiente.
- Grao de implicación no asociacionismo empresarial.
Quinta: entrega de premios
Os galardóns entregaranse na gala a celebrar o xoves 12 de decembro no salón de actos da ABE. A aceptación do premio conleva a indispensable presenza na mesma por parte o propietario e/ou representante da empresa e a cesión da súa imaxe para a difusión e promoción dos premios.