Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
NOITE ABERTA

 

Na ABE gústanos innovar e darlle  voltas a todo, incluso aos eventos mais consolidados como pode ser a Noite Aberta.

Nesta ocasión o facemos cun programa dobre especial para os clientes e visitantes que veñan a Boiro este venres e sábado xa que xuntamos o Black Friday e a noite Aberta de Boiro nun finde de compras e ocio.

Arrancamos o venres co Black Friday no que, durante todo o día os comercios participantes terán incribles descontos para os clientes.

Nesta xornada o horario comercial será o habitual.

Sábado Noite Aberta

Continuamos o sábado cunha nova edición da Noite Aberta de Boiro un evento singular que xunta comercio, cultura e entretemento nunha xornada festiva.

Os descontos dos comercios tamén serán durante toda a xornada e complementaranse coas actividades especiais tanto dentro coma fora dos establecementos.

Entre as actividades especiais que os clientes poderán atopar nos comercios destacamos as actuacións de DJS, degustacións de comida, bebida e doces, sorteos, agasallos directos e moitas sorpresas.

Os comercios permanecerán abertos ata as 23:00 horas.

No caso da hostalería son 6 os locais que participan ofrecendo dende menús especiais, ofertas en bebidas, cócteles especialmente creados para a Noite Aberta e moitas outras ofertas.

Cabe destacar que a Noite Aberta é posible gracias a colaboración e financiamento que aportan os establecementos participantes asociados a ABE e que están sinalizados cunhas grandes bandeiras rosas colocadas á entrada dos establecementos.

A ABE convida novamente aos establecementos que non colaboran coa iniciativa e se suman de igual modo a que se asocien e contribúan a que poidamos manter esta e outras iniciativas que redundan no beneficio da economía de Boiro.

De igual xeito a ABE non se responsabiliza das ofertas, actividades ou iniciativas de comercios non asociados e que non figuran no folleto oficial da NOITE ABERTA.

Para que non vos perdades nada a ABE editou un folleto con todos os comercios, descontos e actividades que podedes consultar AQUÍ

Nesta edición especial participan 25 establecementos con descontos que poden acadar ata o 50 % !!!!