Finalizado o prazo de votacións e realizado o pertinente reconto a ABE anuncia os gañadores dos Premios ABE deste ano.
- Mellor comercio do ano 2019. Supermercado Claudio – A tenda de Pepa
- Mellor empresa do ano 2019. Studio Moai
En total recibíronse 327 votos válidos, na categoría de mellor comercio recibiron algún voto 36 establecementos diferentes e na de mellor empresa 33.
Os votos dos tres primeiros de cada categoría foron os seguintes:
- Mellor comercio; Supermercado Claudio A tenda de Pepa (19), The Desire Shop (14), Cetarea Angel Mar (12)
- Mellor empresa; Studio Moai (22), Ginlab (12), Restaurante Moanin (12).
Lugar e Data de entrega de premios
O evento de entrega de premios celebrarase no salón de actos da sede da ABE o xoves 12 de decembro ás 20:30 horas. Aproveitaremos o acto para celebrar xunto cos socios, colaboradores e amigos o ACCESIT AO PREMIO NACIONAL DE COMERCIO 2019.
O acto seguirá o seguinte programa:
20:30 Benvida.
20:45 Discurso presidente ABE.
20:50 Celebración do Accesit ao premio nacional de comercio - Proxección vídeo co que imos a recoller o galardón
21:00 Entrega III Premios ABE
Mellor comercio 2019 Supermercado Claudio – A tenda de Pepa
Mellor empresa 2019 Studio Moai
21:30 Pincho
Supermercado Claudio – A tenda de Pepa
En setembro de 1970 abría súas portas “A Tenda de Pepa” como lugar de abastecemento e á vez de encontro social dos seus veciños.
En “A Tenda de Pepa” adaptámonos aos novos tempos, ampliando e actualizando as nosas instalacións e servizos; pero mantendo esa esencia e filosofía de tenda de barrio, de lugar de encontro e de atención personalizada.
Este año vimos de celebrar o 15 Aniversario da man de Claudio, alianza que nos permite dispoñer dun dos maiores surtidos da zona, ser pioneiros en organizar repetidas veces festivais de música, maxia e humor para celebrar os nosos Aniversarios e Sorteos onde os clientes foron premiados cun coche, viaxes, cheques de 4.000 e 8.000 € etc.
En definitiva participar da vida cultural e deportiva do noso pobo.
Studio Moai
Studio Moai é o proxecto de Moisén Picón, Arquitecto de interiores, e varios colaboradores que están en continua búsqueda de novos retos profesionais.
Calquera pequeno detalle ou idea por pequena que poida parecer é importante para un proxecto persoal, a comunicación facémola fluída e eficaz para que non quede nada ao azar. Humildade, talento, un bo equipo así como a satisfacción dos nosos cliente abálannos.
Dispoñemos dos medios, equipos, colaboradores e recursos técnicos necesarios para executar o proxecto á medida das necesidades do cliente con total garantía e sen maiores preocupacións que o cumprimento dos prazos de entrega.