Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
premios abe

 

Pasadas as 20:30 horas da noite en un ateigado salón de actos da ABE, o presidente da entidade, Daniel García, comezaba seu discurso de apertura do acto de entrega do III Premios ABE á excelencia empresarial.

“É para min un pracer, darvos a benvida en nome da Xunta Directiva ao acto de entrega dos  III Premios ABE á excelencia empresarial.

Como sabedes, a Asociación Boirense de Empresarios é unha organización que representa ao empresariado do ámbito de Boiro e que desde 1988 ven apoiando aos empresarios e empresarias mediante a prestación de servizos, a organización de actos propios e tamén colaborando coa Administración Pública i entidades privadas”

Tras estas palabras iniciais, Daniel quixo presentar a súa xunta directiva que, case en pleno, o acompañou na mesa presidencial durante todo o acto.

Finalizadas as presentacións foi a quenda de poñer en valor o recente Accesit acadado pola ABE nos premios nacionais de comercio 2019 

“Antes de comezar coa entrega de premios quero destacar a ABE, e en concreto o seu Centro Comercial Aberto, BOIRO ABERTO, estamos de noraboa xa que vimos de ser distinguidos polo Ministerio de Industria Comercio e Turismo do Goberno de España co ACCESIT ao premio nacional de comercio 2019 no apartado de centros comerciais abertos”

“O gañador deste foi a asociación do Centro Histórico de Teruel, á que aproveito para felicitar,  e nos quedamos segundos a moi pouca distancia e por diante do resto de candidaturas presentadas de toda España.

Cabe recordar que xa no ano 2015 fóramos merecedores dunha mención especial e que con este segundo galardón en menos de 4 anos prémiase a labor e traxectoria da asociación convertendo a ABE nunha das poucas asociacións a nivel nacional que acadan dous galardóns nos premios nacionais”

Tamén quixo destacar que á entrega de premios acudirá acompañado do Sr Alcalde que tamén estaba presente na gala de onte e amosar o agradecemento aos artifices deste premio dende antigos directivos, traballadores, entidades públicas e privadas que colaboran con nos y en especial aos socios e socias da ABE xa que deben estar orgullosos deste galardón que é seu” 

Para rematar esta primeira parte da gala proxectouse o vídeo que a ABE vai levar a Madrid para a entrega do galardón e onde se amosa unha pequena mostra do traballo que realizamos.

Chegadas as 21:00 da noite, comezaba a entrega dos premios coa parte mais institucional do acto na que o presidente indicaba que “ A ABE, no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da peme organizou este ano a III Edición dos Premios ABE á excelencia empresarial.

Uns premios que naceron co obxectivo de premiar a labor daquelas empresas asociadas que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra”

Nesta terceira edición foi un pracer comprobar que o traballo iniciado hai 3 anos veuse de consolidar xa que en total recibíronse 327 votos válidos. Na categoría de mellor comercio recibiron algún voto 36 establecementos diferentes e na de mellor empresa 33.

Os votos dos tres primeiros de cada categoría foron os seguintes:

  •             Mellor comercio; Supermercado Claudio A tenda de Pepa (19), The Desire Shop (14), Cetarea Angel Mar (12)
  •             Mellor empresa; Studio Moai (22), Ginlab (12), Restaurante Moanin (12).

Incidindo e quedende a abe estamos potenciando o queremos que sexa a festa dos socios, a vosa festa, os óscar dos empresarios de Boiro para que cada ano teñamos mais participación e nos xuntemos mais empresas neste mesmo acto. E os premiados sodes os embaixadores dos premios, tedes como misión darlles difusión e que acaden o prestixio que merecen”

Sen mais dilación pasamos a entregar os premios, en primeiro lugar ao mellor comercio do ano.

“En setembro de 1970 abría súas portas “A Tenda de Pepa” como lugar de abastecemento e á vez de encontro social dos veciños.

En “A Tenda de Pepa” adaptáronse aos novos tempos, ampliando e actualizando as instalacións e servizos; pero mantendo esa esencia e filosofía de tenda de barrio, de lugar de encontro e de atención personalizada.

Este año celebraron o 15 Aniversario da mano de Claudio, alianza que lles permite dispoñer dun dos maiores surtidos da zona, ser pioneiros na organización de festivais de música, maxia e humor para celebrar os aniversarios así como sorteos onde os clientes foron premiados con coches, viaxes e miles d euros en cheques agasallo.

En definitiva un comercio onde participar da vida cultural e deportiva do pobo” 

Recolle: Miguel Triñanes, Xerente do negocio.

Entrega o premio Javier Caamaño, vicepresidente ABE

Miguel Triñanes queixo destacar que “xa hai mais de 50 anos , miña nai fundou o negocio que co tempo e traballo foi medrando ata o que hoxe somos, unha empresa pero tamén unha gran familia que conforman os traballadores e clientes” 

Tampouco se quixo esquecer do seu equipo de traballo ao que animou a subir ao estrado para inmortalizar o momento.

A continuación  entregouse o premio á mellor empresa do ano Studio Moai que “é o proxecto de Moisén Picón, Arquitecto de interiores, e varios colaboradores que están en continua búsqueda de novos retos profesionais.

Calquera detalle ou idea por pequena que poida parecer é importante para un proxecto persoal, a comunicación fluída e eficaz para que non quede nada ao azar. Humildade, talento, un bo equipo así como a satisfacción dos seus cliente os abalan.

Dispoñen dos medios, equipos, colaboradores e recursos técnicos necesarios para executar o proxecto á medida das necesidades do cliente con total garantía e sen maiores preocupacións que o cumprimento dos prazos de entrega.

Studio Moai” 

Recolle: Moisén Picón, xerente

Entrega o premio Daniel García, Presidente ABE.

Moisés tomou o micro para agradecer o premio aos traballadores, colaboradores, familiares e amigos que o veñen apoiando nesta andaina e emocionouse ao recordar “os complicados inicios desta aventura que puidemos sortear a base de moito traballo, moitas noites en vela e sobre todo a perseverancia neses momentos difíciles ata que chegou o momento de que o traballo que facíamos deu seus froitos e converter a idea inicial na empresa que somos actualmente” 

Rematada a entrega e antes de dar paso as palabras finais do alcalde de Boiro, o presidente quixo “felicitar aos premiados e animalos a seguir desempeñando o súa labor como ata o de agora xa que sodes un exemplo para todos os que desenvolvemos unha labor empresarial no concello.

Agradecer tamén ao resto de socios, amigos e veciños que nos acompañades habitualmente nos actos que celebramos na ABE xa que a vosa implicación sérvenos de motivación para seguir nesta liña de traballo”

O acto rematou coa palabras do Alcalde nas que quixo “ agradecer o traballo realizado polas empresas premiadas na creación de emprego e contribución ao PIB do municipio “así como “darlles noraboa tanto a eles como a ABE por seguir potenciando o tecido empresarial da localidade”

O acto rematou coa foto de familia dos premiados e un pincho no que premiados, socios e amigos puidemos poñer o broche final a unha moi emotiva velada.