Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
almorzo abe produtividade

 

Comezamos o ano formativo na ABE coa inauguración dos almorzos de 2020 coa poñencia de Juan Magariños sobre produtividade titulada, Dirixes o teu negocio ou o negocio diríxete a ti?

Debido a alta demanda de asistencia tivemos que trasladar a habitual localización dos Almorzos (A Aula 1 da ABE con capacidade para 30 alumnos) para o Salón de actos xa que foron 51 os empresarios que asistiron a esta interesante xornada.

Durante os 90 minutos que durou a xornada, os alumnos recibiron as pautas para tratar de mellorar a produtividade dos seus negocios para alcanzar os seus obxectivos.

O tempo é un recurso moi valioso que non poderás mercar, só xestionar e durante a charla veremos os hábitos de éxito que utilizan menos do 5 % das persoas que logran resultados excepcionais nos seus negocios” indica Magariños ao inicio da presentación.

Juan Magariños é Director e Fundador de Optimiza Teu Negocio, Enxeñeiro con Máster en Coaching Internacional e Postgrao en Direción e Xestión en RRHH.

Dende 2013 asesora e forma a emprendedores, pemes e autónomos no seu desarrollo de negocio e conta con máis de 1000 hs certificadas de asesoramento e seguimento profesional a empresas.

“Ao finalizar a charla pretendo que obteñades a solución para vos e o voso equipo de traballo para facer que o negocio ascenda ao seguinte nivel, ingresar máis empregando menos recursos é posible”

Ao finalizar, como sempre, tivemos tempo para o networking entre poñente e alumnos no café posterior que sempre acompaña aos almorzos ABE.

Dende a ABE queremos agradecer aos empresarios presentes a súa asistencia masiva feito que pon de manifesto a boa saúde que gozan os almorzos ABE que terán continuidade ao longo dos vindeiros meses.