Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 A ABE CHEGA AOS 100 PREMIOS ENTREGADOS A TRAVÉS DO SISTEMA DE FIDELIZACIÓN

 

  • O agasallo mais solicitado son os bonos ABE con 44 peticións.
  • A maleta, que é o agasallo que mais puntos require para conseguila, xa está esgotada.
  • Neste intre hai 2.219 usuarios activos que rexistraron 24.038 tíckets de compra o que se traduce nun volume de compras de 1.000.000€
  • O tícket mais baixo foi un de 10 céntimos dunha mercería e o mais alto unha factura de maquinaria para un barco bateeiro de 13.340 €

 

Boiro 20 de setembro de 2023

A principios de ano a ABE estreaba un novidoso sistema de fidelización feito a medida, polo que os clientes dos establecementos asociados poden acumular puntos coas compras realizadas e cambialos por agasallos ademais de participar en sorteos e promocións especiais en datas sinaladas.

A data de hoxe xa son 100 os premios entregados a clientes dos negocios asociados que cambiaron os seus puntos acumulados na aplicación por agasallos do catálogo.

Cabe destacar que o agasallo mais solicitado polos clientes son os bonos ABE cun total de 44 solicitudes seguido polos auriculares inalámbricos con 16.

Como curiosidade indicar que o premio que mais puntos precisa para conseguirse que é a maleta con 500 xa está esgotado ao recibirse 8 peticións de cambio. 

Datos inmellorables

Neste intre o sistema ten 2.219 usuarios activos que son clientes dos negocios asociados que rexistraron un total de 24.038 tíckets. Estes tíckets reportan o 10% do seu importe en puntos o que traslada unha inversión en torno aos 990.000€, neste apartado o usuario con mais puntos acumulados ten 2.103 e hai 300 usuarios con mais de 50 que é o mínimo para conseguir un agasallo. 

Actualmente hai rexistros de todos os sectores sendo o tíckets mais baixo un de 10 céntimos dunha mercería e o mais alto unha factura de maquinaria para un barco bateeiro de 13.340 € . Esta disparidade ben dunha das vantaxes do sistema xa que é valido para calquera tícket ou factura de calquera negocio asociado independentemente do sector de actividade.

Outros premios

Destacar tamén que a estes 100 premios entregados por cambio de puntos engádense todos os sorteados a través das campañas, no que vai de ano foron 244 persoas as que recibiron premios directos cun montante total de 9.600 € en bonos ABE que repercutiron nos negocios asociados.

Valoración presidente

Como indica o presidente da ABE, Daniel García, “os resultados da posta en marcha deste sistema de fidelización son inmellorables e nos da a razón sobre a necesidade de implantar ferramentas de dixitalización en materia de promoción comercial xa que cada vez son mais os clientes que participan dos sorteos que propoñemos a través da nosa web“ tamén destacou que “ as campañas realizadas, como as quincenas fantásticas, cada vez teñen mais participantes, cada edición bate os récords de rexistros da anterior e o mesmo está pasando agora coa campaña de volta ao cole na que sorteamos 1.000€”